• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

Fundación ONCE e Cooperativas Agro-alimentarias de España únense para fomentar o emprego de persoas con discapacidade

17 de Novembro de 2017
en Novidades
Fundación ONCE e Cooperativas Agro-alimentarias de España únense para fomentar o emprego de persoas con discapacidade
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

NOTA DE PRENSA: Cooperativas Agro-alimentarias de España, Fundación ONCE

  •  Grazas a un convenio subscrito entre ambas as entidades.

 20171116_Convenio_ONCE_CAE-WB

Fundación ONCE e as Cooperativas Agro-alimentarias de España asinaron un acordo no marco da economía social para fomentar a contratación e integración laboral das persoas con discapacidade.

O acordo, subscrito polo presidente de Cooperativas Agro-alimentarias de España, Ángel Villafranca, e o vicepresidente executivo de Fundación ONCE, Alberto Durán, recolle o mutuo interese en establecer un marco estable de colaboración que permita avanzar nun intercambio de coñecemento, procesos, bens e servizos que sexa beneficioso e enriquecedor para ambas as entidades.

Segundo recolle o Acordo Marco de Alianzas, o obxectivo é establecer liñas de colaboración específicas para axuntar esforzos e impulsar desde o ámbito de cada entidade asinante iniciativas, programas e accións conxuntas que favorezan a misión e funcións de cada unha das partes.

En base a iso, as partes impulsarán un espazo de traballo común encamiñado especialmente a fomentar o intercambio de experiencias e impulso de proxectos conxuntos que melloren a integración laboral das persoas con discapacidade, promovendo, por exemplo a accesibilidade ao medio físico e electrónico, as accións de mentalización e concienciación social, etcétera.

Ambas as entidades comprométense a promover a integración laboral das persoas con discapacidade, así como a fomentar as relacións entre Fundación ONCE e as  Federacións, Unións Territoriais e cooperativas membros de Cooperativas Agro-alimentarias. Poderán colaborar  no desenvolvemento de estudos e na organización de accións formativas e prácticas profesionais para persoas con discapacidade.

Fundación ONCE poderá ofrecer asesoramento para o desenvolvemento de accións ou programas relacionados coa discapacidade. Así mesmo, poñerá a disposición das cooperativas a súa experiencia no ámbito da formación e integración laboral de persoas con discapacidade. Pola súa banda, Cooperativas Agro-alimentarias analizará a posibilidade de estudar medidas que melloren a accesibilidade das ferramentas de traballo para as persoas con discapacidade.

En materia de Accesibilidade Universal e Deseño para Todas as Persoas, o texto recolle a elaboración de estudos que promovan a accesibilidade das persoas con discapacidade a contornas físicas, produtos e servizos das cooperativas e daquelas das súas entidades asociadas interesadas, en especial de sitios web e demais sistemas electrónicos para o acceso á información e a comunicación.

Tamén o impulso de accións que melloren a accesibilidade a bens e servizos a través das novas tecnoloxías; o acceso e uso de aplicacións e instalacións, e a promoción de accións conxuntas de difusión e sensibilización social.

Por último, no ámbito da Responsabilidade Social Corporativa, Fundación ONCE poderá prestar ao cooperativas asesoramento, accións ou programas relacionados coa discapacidade, como as compras socialmente responsables. Neste punto, Cooperativas Agro-alimentarias estudará a posibilidade de formar parte do ‘Foro para a contratación Socialmente Responsable’, que ten como fin promover a inclusión de cláusulas de contido social na contratación pública e privada que favorezan ao colectivo das persoas con discapacidade.

Tamén se ofrecerá a posibilidade de acompañar ás cooperativas na valoración e, no seu caso, a acreditación, como empresas socialmente responsables coas persoas con discapacidade a través do Sello Bequal.

17/11/2017

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.