- O 26 de abril continúa o ciclo de Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, cunha sesión dedicada á produción de cogomelos.
- Terá lugar online e a inscrición é gratuíta.
- Para inscribirse é necesario completar este formulario.
O 26 de abril terá lugar unha xornada online dedicada á produción de cogomelos, de 09:30 a 14:30 horas.
Contaremos con relatorios de especialistas en produción de variedades como Shiitake, a micorrización de boletus e outras especies en árbores ou o cultivo dos cogomelos en tronco.
Programa previsto
09:30 – Conexión e benvenida a participantes.
Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.
09:45 – Produción de Shiitake
Xesús Graña – Hifas da Terra
12:15 – Breve descanso.
12:30 – Salvar o rural: cultivo de cogomelos en tronco.
Ángeles González. Produtora.
13:30 – Experiencia de produción de Shiitake e cogomelo de ostra.
Loli González – Proxecto “Vida circular”.
14:10 – Preguntas e comentarios.
Participantes e relatores.
14:20 – Comentarios finales e clausura da xornada.
Higinio Mougán. AGACA.
14:30 – Fin da Xornada.
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
Os obxectivos do ciclo, que suma 12 xornadas en total, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.
As jornadas, de libre acceso previa inscrición, son de especial interese para persoas socias de cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vinculadas coa economía social.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.
![]()



