- A única feira internacional de tursimo gastronómico de España terá lugar entre o 3 e o 7 de febreiro en Ourense
- O Consello Galego de Cooperativas habilitará un stand no que se integrarán gran parte das cooperativas agroalimentarias galegas
En breve, Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico abrirá as súas portas; durante cinco días, empresa e entidades vinculadas ao sector da alimentación enlazarán a promoción de gastronomía e turismo.
“Xantar 2016” posiciona a gastronomía como motivación turística de primeiro nivel e ofrece ao visitante a posibilidade de asomarse a sabores de España, Portugal e México, país invitado deste ano, a través do Estado de Morelos.
É o terceiro a no que esta cita recibe o selo “Feira Comercial Internacional”, outorgado polo Ministerio de Economía e Competitividade, algo que a consolida como o único salón internacional especializado na promoción da gastronomía a través do turismo.
Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, indicou na presentación que “Xantar 2016” é un magnífico escaparate do enorme potencial da gastronomía galega”. Destacou que “a gastronomía é xa unha fortaleza turística de Ourense, como é o termalismo ou o patrimonio”.

Entroido e profesionalización
O entroido será un fío condutor do “Xantar 2016”, a través de showcookings, desfiles, actividades de animación etc.
O programa de actividades de “Xantar 2016” incluirá tanto conferencias de expertos como exhibicións de cociña en directo, ademais de catas comentadas e degustacións incluídas no chamado “Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde” que afronta xa a súa 11ª edición. En total, máis de 100 actividades orientadas a profesionais e afeccionados. As actividades deste ano terán o obxectivo de apostar pola profesionalización do sector e de poñer en valor as materias primas de calidade como os produtos adscritos ás Denominacións de Orixe ou con Indicación Xeográfica Protexida.
Pode ver a nota de prensa completa (en español) premendo Documentación 1. Máis información en www.xantar.org




