Tes una idea de negocio ou iniciativa de emprendemento en Economía Verde? Co apoio de PocTep ES-FACTORY e AGACA poderás recibir asesoramento e entrar na nosa rede de aceleradoras que impulsa empresas emerxentes no territorio transfronteirizo de Galicia e Norte de Portugal. Co teu proxecto , non só contribuirás á protección do medio ambiente, tamén axudarás a crear emprego de calidade e a desenvolver actividades sostibles. Aproveita esta oportunidade única!
No marco da Actividade 1, que ten por obxeto a identificación de novas oportunidades e liñas de negocio nas novas economías emerxentes -economía verde, plateada, laranxa, amarela e azul- desde AGACA queremos invitarte a compartir a túa idea, iniciativa ou liña de negocio en economía verde.
As ideas ou iniciativas con maior proxección ou con maior vinculación cos obxectivos do proxecto, poderá ser recomendadas noutras actuacións realizadas no marco do mesmo, ou incluso poderán optar a outros servizos de apoio para impulsar a súa creación ou a súa promoción.
PRESENTA A TÚA IDEA OU PROXECTO DE ECONOMÍA VERDE ANTES DO 15 DE NOVEMBRO DE 2024. ENTRA NO PROCESO DE SELECCIÓN E RECIBE APOIO PARA LEVAR ADIANTE A TÚA INICIATIVA!
Enche este formulario agora
ES-Factory
O Proxecto europeo de cooperación interrexional PocTep ES-FACTORY, liderado pola Xunta de Galicia, e do que AGACA forma parte, ten como obxectivo o impulso e consolidación de emprego de calidade en novas actividades emerxentes do territorio transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal que se vaian a desenvolver a través da Economía Social.
Obxectivos:
- Detectar novas oportunidades e liñas de negocio en actividades emerxentes de Galicia e Norte de Portugal que fomenten a retención e atracción de talento emprendedor.
- Impulsar a profesionalización do ecosistema emprendedor e potenciar e atraer e reter talento no territorio transfronterizo.
- Crear unha rede de Aceleradoras de Economía Social Transfronteriza, a través da cal se desenvolverán accións formativas, para incrementar as capacidades e habilidades das persoas da área de cooperación, programas de asesoramento e acompañamento, espazos de encontro, de investimento e nos que conectar a oferta coa demanda para dar a posibilidade de coñecer a opinión dos potenciais clientes sobre os produtos/servizos ofertados polas persoas emprendedoras.
- Identificar e promocionar o peso da economía social a través do Observatorio da Economía Social de Galicia e o Norte de Portugal.
No marco da Actividade 1, que ten por obxeto a identificación de novas oportunidades e liñas de negocio nas novas economías emerxentes -economía verde, plateada, laranxa, amarela e azul- desde AGACA queremos invitarte a compartir a túa idea, iniciativa ou liña de negocio en economía verde.
Economía Verde
A economía verde promove o desenvolvemento e utilización dos recursos de maneira responsable, minimizando o impacto ambiental e fomentando a xustiza climática e social. Ademais, busca impulsar a creación de empregos verdes, aqueles que contribúen directamente á preservación ou restauración do medio ambiente, contribúe a reducir o consumo de enerxía, de materias primas e de auga, minimiza a xeración de contaminación e dos gases de efecto invernadoiro, e fomenta a redución e reutilización de residuos. É baixa en carbono, eficiente en recursos e socialmente inclusiva.
Beneficios da economía verde:
Medioambientais
- Protección, conservación e mellora dos recursos naturais
- Mantemento da biodiversidade e dos servizos ecosistémicos
- Redución das emisión de GEI e almacenamento de carbono
- Adaptación ao cambio climático
Económicos e sociais:
- Emprego e cualificación
- Empresas eficientes e sostibles
- Novos mercados e produtos
- Comunidades rurais economicamente viables e prósperas
- Inclusión social
ES-FACTORY é un proxecto cofinanciado ó 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea no marco do Programa de Cooperación INTERREG VI-A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP) 2021-2027





