- A xornada “Cooperativas e innovación na nutrición de solos” terá lugar o 20 de marzo de 09:30 a 14:30 h. online.
- É gratuíta e a inscrición realízase cubrindo este formulario.

AGACA imparte a xornada “Cooperativas e innovación na nutrición de solos” co obxectivo de dar a coñecer os servizos das cooperativas no control do valor nutritivo dos solos e nas recomendacións de fertilizantes que se poden aplicar nas explotacións asociadas; tamén, presentar normas básicas para fertilizar racionalmente os cultivos, a través dunhas boas prácticas agrícolas mínimas que deben terse en conta ao aplicar os nutrientes nos chans agrarios.
Así pois, a xornada é de especial interese para persoal técnico e persoas que ocupen cargos directivos en cooperativas agroalimentarias ou outras entidades da economía social, como poden ser membros de consellos reitores ou da xerencia, ademais de para mulleres e persoas de 18 a 35 anos socias de cooperativas.
- Lugar: online.
- Horario: 09:30 – 14:30 h.
PROGRAMA
09:30 a 10:00 h. Presentación da xornada.
D. Higinio Mougán. Director xerente de AGACA.
10:00 a 10:50 h. Real Decreto R.D. sobre nutrición sustentable de solos. Situación actual da regulamentación no sector agrario.
D. Víctor Novo. Xefe de Servizo de Sanidade e Produción Vexetal. Consellería do Medio Rural.
10:50 h. Preguntas e aclaracións.
11:00 a 11:20 h. Apoio ás cooperativas agrarias dende a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
D.ª Marta Mariño. Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
11:20 a 12:10 h. Plan de xestión ambiental de estercos e xurros.
D. Víctor Novo. Xefe de Servizo de Sanidade e Produción Vexetal. Consellería do Medio Rural.
12:10 h. Preguntas e aclaracións.
12:20 h. Descanso.
12:20 a 13:10 h. O modelo SIGE, o Plan de Produción e Xestión de Estercos da explotación en cooperativas.
D.ª Alba Simón. Enxeñeira e técnica de AGACA.
13:10 h. Preguntas e aclaracións.
13:20 a 13:40 h. A importancia dos bioestimulantes na produción agrícola no marco do proxecto BLOOD4GOODS.
Técnico de HEROGRA.
13:40 a 14:20 h. A innovación na xestión de fertilizantes na cooperativa Delagro.
D. Javier Caneda. Técnico de Delagro.
14:20 h. Preguntas e aclaracións.
14:30 h. Clausura da xornada.
D.ª Carmen Rodríguez. Presidenta de AGACA.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo. Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()



