• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

Só o 16% das mulleres ocupa un cargo representativo no consello reitor das cooperativas agroalimentarias

13 de Outubro de 2017
in Novidades
Só o 16% das mulleres ocupa un cargo representativo no consello reitor das cooperativas agroalimentarias
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

15 de outubro, Día Internacional das Mulleres Rurais

Santiago, 13 de outubro de 2017.- Segundo datos da ONU, as mulleres rurais representan máis dun terzo da poboación mundial e o 43% das mulleres agricultoras en todo o mundo. Este ano, o lema da Xornada baséase nos “retos e oportunidades presentes na agricultura resiliente en canto ao clima para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas rurais”.

Está claro que a realidade da muller rural non é a mesma en todos os países, as condicións políticas, xeográficas, culturais ou climáticas son moi distintas pero si algo parece haber en común é a escasa valoración que se lles está a dar.

”Empoderar á muller rural”, ese é o lema en torno ao que xira un dos principais obxectivos asumidos por AGACA nos últimos anos. Estudos, seminarios, xornadas, charlas motivadoras, proxectos grupais, accións sociais…son algunhas das iniciativas emprendidas ultimamente pola Asociación.

Os números son claros: Con respecto á composición das persoas socias nas cooperativas agroalimentarias galegas, a porcentaxe de mulleres acada en 2016 o 46%, sen apenas variación sobre 2015. Só o 16% de mulleres ocupan algún cargo nos consellos reitores das cooperativas reducíndose a un 6%, as que figuran como presidentas das mesmas.

Que ocorre cando comprobamos os datos en canto a número de traballadoras das cooperativas agroalimentarias? No cadro de persoal, o 36% por cento son mulleres, cifra que se incrementa, sobre todo, na área de administración, demostrando así a división de xénero por áreas feminizadas/masculinizadas que tamén adoita a darse noutros sectores de actividade económica.

E si nos fixamos nos cargos de responsabilidade, na dirección ou xestión, ocupados nas cooperativas, o número baixa novamente ata o 23%.

Con ocasión do Día Internacional da Muller Rural gustaríanos animar aos homes e mulleres de Galicia a que reflexionen sobre a importancia de que as mulleres formen parte dos cadros directivos e representativos das cooperativas. Non existirá un verdadeiro progreso ata que isto ocorra de xeito natural.

A gran responsabilidade que asomen as mulleres coa familia non debería ser un obstáculo para que poidan asumir responsabilidades na dirección e representación das empresas cooperativas, dado que, por propia definición, son parte propietaria destas institucións.

Cómpre aquí un exercicio de corresponsabilidade por parte dos homes. A conciliación familiar ten que ser cousa de toda a familia. O home debe asumir, por si mesmo, a súa obriga de compartir as tarefas, os coidados, as preocupacións… Cando chegue ese momento, a muller terá tempo, igual que calquera home, para dedicar o seu talento e a súa disposición ás actividades de representación.

O beneficio será para todos. A empresa cooperativa sumará perspectivas, a familia verase compensada, o home liberarase de estigmas e a muller terá novas oportunidades.

Cómpre unha sociedade madura. Dende AGACA seguiremos traballando para que chegue o día en que o 15 de outubro só teñamos que dicir: ¡Felicidades ás mulleres do rural!

Tags: Igualdade
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}