Prestación de Servizos de Asesoramento a Explotacións agrícolas ou gandeiras

Ata o 30 de setembro de 2023 AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) presta asesoramento a máis de duascentas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O servizo desenvólvese ao abeiro da Orde do 3 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e convocadas para o ano 2022 (código de procedemento MR616B).