- O 23 de xaneiro terá lugar a primeira sesión do ciclo 2026 de Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, dedicada á produción e comercialización de mel en Galicia.
- A inscrición é gratuíta.
- Para inscribirse é necesario completar este formulario.

O 23 de xaneiro de 2026 celebrarase unha xornada dedicada á produción e comercialización de mel en Galicia, en horario de 09.30 a 14.30 horas. Trátase da primeira das xornadas organizadas neste exercicio co obxectivo de dar a coñecer sectores que poden supoñer unha oportunidade de negocio no medio rural.
A sesión, de carácter gratuíto, desenvolverase en formato en liña, sendo necesaria a inscrición previa a través deste formulario.
Ao longo da mañá, especialistas e profesionais do sector abordarán o papel do sector apícola en Galicia, poñendo o foco tanto na produción de mel como na importancia da polinización e a súa repercusión directa na biodiversidade, así como nas posibilidades de emprendemento e xeración de emprego.
Programa previsto
09:30 – Conexión e bienvida ás persoas participantes
Higinio Mougán. Adxunto á Presidencia de AGACA
09:45 – Introdución ao sector apícola de Galicia. A importancia da polinización e a súa repercusión na biodiversidade
Jesús Asorey Martínez. Erica Mel
10:30 – Fundamentos técnicos da produción apícola
David Veiga Gómez. Erica Mel
11:00 – Manexo técnico na produción de mel: calendario, alimentación, sanidade e produción apícola
David Veiga Gómez. Erica Mel
11:30 – Procesamento do mel e seguridade alimentaria: tipos de mel, fases do proceso, trazabilidade
José Carlos Castro Díaz. Erica Mel
12:00 – Breve descanso
12:15 – Marketing e comercialización: garantía de calidade, valorización do produto e estratexias de comercialización
José Carlos Díaz. Erica Mel
13:00 – Modernización do sector agroalimentario como modelo cooperativo. Retos ambientais e sostibilidade
Jesús Asorey Martínez. Presidente de Maisquemel
14:00 – Espazo de preguntas e comentarios
Asistentes e relatores
14:20 – Conclusións
Higinio Mougán. Adxunto á Presidencia de AGACA
14:30 – Fin da xornada
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
O ciclo, que suma un total de 12 xornadas, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, ten como obxectivos explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado, promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio, impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.
As xornadas, de acceso libre previa inscrición, están especialmente dirixidas a persoas socias de cooperativas agroalimentarias, persoas vinculadas á economía social, produtoras e produtores agrarios, persoal técnico e investigador, estudantado e público en xeral.
Para máis información pódese chamar ao 981 58 47 83.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2026 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e da economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()




