- O vindeiro venres 24 de febreiro, na Facultade de Veterinaria de Lugo, terá lugar a 10ª Xornada Técnica de Produción de Leite organizada por REVISTA AFRIGA e AFRICOR LUGO.

Centrarase na prevención, contando con expertos na materia que exporán aos asistentes os seus estudos e recomendacións que fan posible mellorar a saúde das vacas, facendo especial fincapé no aforro que supón a prevención fronte ao tratamento. Tamén contaremos cun gandeiro de Dinamarca que explicará cal é o seu modelo produtivo.
A xornada comenzará as 10:30 da mañá e prolongarase ata a tardiña. Os asistentes están convidados a un xantar.
As charlas serán:
– O control de enfermidades nas ADS. Preparados para o que “veña” de Europa – Juan Carlos Castro Laxe. Veterinario de ADS
– A prevención na conta da explotación -Quim Baucells. Centro Veterinario Tona. Profesor asociado do Departamento de Patoloxía Médica da Universidade Autónoma de Barcelona
– Que temos que ter en conta á hora de introducir xovencas na nosa explotación? – Susana Astiz. Investigadora titular do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA)
– Un premio á saude das nosas vacas – María Veiga. DVM, Sales Rep. Elanco
– Prevención de enfermidades no periparto – Juan Cainzos. Técnico de ruminantes de Elanco
– O sector leiteiro en Dinamarca. Como se produce e se comercializa o leite – Casper Pedersen. Gandeiro
Pode consultar o programa completo en “Documentación 1”.




