• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

O autóctono Porco Celta protagoniza unha tese doutoral

3 de Novembro de 2020
in Novidades
O autóctono Porco Celta protagoniza unha tese doutoral
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

NOTA DE PRENSA: Asoporcel

  • A tese foi presentada na Facultade de Veterinaria de Lugo por Iván Manuel Rodríguez Paz, o seu percorrido pola evolución da raza Porco Celta desde os inicios da súa recuperación ata a actualidade fixo que acadara a cualificación de sobresaínte cum laude.

A Facultade de Veterinaria de Lugo acolleu o pasado venres 30 de outubro a presentación da tese doutoral “Características produtivas da canal e da carne na raza autóctona porcina Celta” de Iván Manuel Rodríguez Paz, veterinario e director técnico da Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel). O tribunal cualificou o traballo de sobresaínte cum laude.

A importancia da xenética

A tese constata que nos inicios desta recuperación levouse a cabo unha avaliación da información de pedigree da raza que permitiu coñecer a variabilidade xenética e a consanguinidade existentes, asunto de relevante importancia dado o reducido número de exemplares a partir dos que se iniciou a recuperación da raza.

Neste asunto quedou patente a relevancia que ten a existencia do Libro Xenealóxico e a importancia da boa xestión do mesmo, xa que é unha ferramenta básica para identificar e rexistrar a todos os animais, relacionalos cos seus ascendentes e descendentes e valoralos segundo as súas características raciais. Ademais, permite dirixir os cruzamentos entre os exemplares coas menores porcentaxes de parentesco, cuestión fundamental para asegurar o crecemento dos rabaños.

O autor da tese, Iván Rodríguez, sinala que “é imprescindible traballar no aumento dos censos de animais e das ganderías que se dedican á súa cría para garantirlle a supervivencia como raza” e que “as granxas de Porco Celta teñen que resultar sostibles e rendibles por si mesmas, cuestión na que xoga un papel importante a fase última de comercialización da carne e produtos derivados”.

Rendibilidade das granxas

A xestión da alimentación dos animais representa un dos maiores custos na produción das granxas, repercute nos tempos de cebado e nas características nutricionais e organolépticas das carnes que se obteñen.

Está a ser obxecto de estudo en numerosos traballos de investigación, desenvolvemento e innovación, cos que se busca determinar a calidade da canal e das carnes ás que o Porco Celta dá lugar, así como analizar a influencia nos produtos finais de diferentes factores como a idade de sacrificio e o sistema de explotación en réxime extensivo.

“Outro dos aspectos que define a optimización da produción é a implantación dunhas boas prácticas sanitarias, de hixiene e profilaxe”, afirma Rodríguez.

Produtos da raza e bondades socioeconómicas

Indica Iván Rodríguez: “É unha vantaxe que o porco sexa un referente de excelencia gastronómica en Galicia, onde tradicionalmente dá lugar a numerosos e moi variados preparados que, como non podía ser doutro xeito, tamén existen da raza Porco Celta, xa tipificados tamén nalgún estudo anterior”.

A caracterización comercial da raza, segundo sinala outra das conclusións da tese, vén dada polo asentamento, a partir do ano 2016, da marca de calidade 100 % Raza Autóctona Porco Celta que ampara os produtos desta raza nos espazos comerciais, garantindo a orixe e a trazabilidade, ao tempo que aporta unha imaxe recoñecible e inequívoca  para o consumidor, cara ao que van dirixidas numerosas accións de difusión e promoción coa intención de fomentar o coñecemento da raza e a demanda da súa carne.

Rodríguez afirma: “O binomio Porco Celta-monte galego vén achegar solucións socioeconómicas e medioambientais para o noso entorno, xa que é unha actividade económica viable nas zonas xeográficas máis desfavorecidas, nas que combate o despoboamento rural e crea emprego, mentres axuda ao mantemento da paisaxe característica e prevén dos incendios forestais”.

“Non son poucas as razóns para traballar no mantemento e crecemento desta raza autóctona”, conclúe.

Nota completa: https://www.asoporcel.es/gl/blog/2020/11/02/el-autoctono-porco-celta-protagoniza-una-tesis-doctoral/

03/11/2020

Tags: Porcino.
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}