- O día 24 de outubro será a xornada de presentación do proxecto SAVES, un asistente virtual construido por un equipo investigador pertencente á Universidade de Vigo que permitirá realizar consultas e comparativas en numerosos ámbitos económicos e sociais das cooperativas agrarias galegas.
- A xornada comeza ás 10:00 e remata ás 14:30h.
- Para inscribirse é necesario cubrir este formulario.
- Poderá seguirse a través de videconferencia (Zoom) ou asistir en persoa.
O hotel OCA Puerta del Camino (r/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n – Santiago de Compostela) acollerá o 24 de outubro a xornada de presentación de SAVES, Sistema de Asistencia Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social. As ferramentas de SAVES recollen todos os datos básicos do Depósito Anual de Contas que as cooperativas agrarias realizaron no correspondente Rexistro de Cooperativas. Persoal técnico de AGACA colaborou co equipo investigador para desenvolver o proxecto.
É posible servirse de SAVES para avaliar a situación económico-financeira das cooperativas agrarias cara á realización de propostas á Nova Lei de Cooperativas de Galicia. Neste senso, por tanto, durante a xornada exporanse e debatiranse propostas económicas para unha Nova Lei de Cooperativas de Galicia e Rexistro de Cooperativas, ademais de afondar nas claves económico-financeiras do agrocooperativismo galego.
Programa:
10.00 – Recepción de participantes e café de benvida
10.30 – Inauguración da xornada e presentación dos proxectos SAVES -AGACA e SAVES Emprende
11.00 – As novas ferramentas do asistente virtual SAVES para o cooperativismo galego
Raisa Pérez Vaz – Investigadora posdoutoral doequipo SAVES da Universidade de Vigo
11.30 – SAVES Agro e SAVES Emprende
Demetrio Bedriñana Bañico – Técnico de AGACA
12.00 – Situación do agrocooperativismo galego: claves económico-financeiras ante a nova Lei de Cooperativas
María José Cabaleiro Casal – Coordinadora do proxecto SAVES da Universidade de Vigo
12.30 – Exposición e debate: Propostas económicas paraunha nova Lei de Cooperativas
Higinio Mougán – Director-xerente de AGACA
Miguel María Sáenz de Viteri – Letrado de AGACA
13.30 – Conclusións: Presentación das conclusións do debate e de propostas sobre os aspectos económicos a recoller en vindeiras lexislacións
Higinio Mougán – Director-xerente de AGACA
14.00 – Clausura
Consultar/descargar programa en formato PDF nesta ligazón.
Máis sobre SAVES:
Nesta ligazón (https://saves.uvigo.gal/) atópanse todas as ferramentas que o asistente virtual SAVES está a construír, tanto as que son de consulta e acceso público como aquelas que precisan de acreditación. En SAVES Agro (https://saves.uvigo.gal/SAVES-Agro/) é posible acceder libremente ás Cifras Básicas ou a un Comparador de cifras básicas das cooperativas que depositan datos no Rexistro de Cooperativas (cooperativas de 1º ou 2º, e entre os sectores principais das mesmas). En Informes (https://saves.uvigo.gal/SAVES-Agro/) poden atoparse neste momento o Informe Muller e agrocooperativismo en Galiza, así como o Informe Cooperativismo agrario galego: cifras básicas. En Estatísticas (https://saves.uvigo.gal/Estatisticas.php) atópanse os cadros estatísticos elaborados por SAVES sobre diferentes aspectos dos cooperativismo.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()



