• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

O 2021 foi un ano de recesión global no agro galego

3 de Xuño de 2022
in Novidades
O 2021 foi un ano de recesión global no agro galego
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Os datos sectoriais reflicten un balance negativo en canto á renda media dos agricultores e gandeiros
  • O actual director xeral de Cooperativas Agro-alimentarias de España, Agustín Herrero, próximo a xubilarse, despediuse dos cooperativistas galegos.
  • Gabriel Trenzado, próximo director xeral da entidade nacional explicou as condicións dos Ecoesquemas da PAC.

XXXIV Asemblea Xeral Ordinaria de AGACA

AGACA celebrou esta mañá, en Santiago de Compostela, a 34 edición da súa Asemblea Xeral na que participaron como convidados, o actual director xeral de Cooperativas Agro-alimentarias de España, Agustín Herrero, que está a piques de xubilarse e o seu sucesor no cargo, Gabriel Trenzado que informou sobre os Ecoesquemas da PAC.

A asemblea transcorreu na normalidade en canto á aprobación das contas anuais e resultados do exercicio do 2021 pero con certa desilusión á hora de presentar o resumo da Memoria de Actividades, que devolve unha imaxe desfavorable para o agro galego pola escalada de prezos dos custos de produción, imposible de trasladar á cadea alimentaria pola posición oligopolista da gran distribución pese a ser cualificados como esenciais durante a pandemia.

Agustín Herrero, director xeral de Cooperativas Agro-alimentarias de España, recibíu un recoñecemento de mans de Carmen Rodríguez, presidenta de AGACA.

Sector gandeiro

O leite e as carnes en xeral, sufriron un pésimo ano de rendementos económicos soportando unha situación inflacionista espectacular onde cada partida de gastos veuse incrementada (no caso dos fertilizantes máis que duplicada).

Todo incrementou os prezos: as materias primas de alimentación animal e os pensos; en consecuencia, a luz, os carburantes, o ferro e os materiais básicos das instalacións a repoñer, os fertilizantes, mesmo os salarios do persoal contratado, os servizos técnicos, o transporte…

Cara a finais do ano 2021 algúns dos prezos do alimentos comercializados polos nosos gandeiros e gandeiras comezaron unha leve recuperación, desigual, con dentes de serra e nada estable a medio prazo. O leite e as carnes seguen a ser, xunto con algún produtos de horta como as leitugas, produtos reclamo da gran distribución, para os que desenvolven estratexias de banalización dos produtos consentidas polas autoridades.

Un ano máis, perdas claras de rendas pola política económica imposta polos oligopolios da distribución que provocou un caída de rendas e de marxes económicas netas, agardando por unha lexislación efectiva que impida a tradicional destrución de valor que practican os últimos elos da cadea.

O porcino foi o subsector que proporcionalmente máis renda perdeu, sendo duramente castigado polas caídas das exportacións a China, ademais da carestía brutal dos custos de produción.

A carne de polo e a avicultura en xeral tiveron un ano malo con máis vales que picos, que a inflación dos pensos acabou de castigar. Máis estable se comportou a carne de coello, pero cuns custos de produción desbocados que terminaron de penalizar as rendas en relación co ano anterior.

O vacún de carne comezou a recuperar prezos prepandemia lentamente no segundo semestre do ano, sen lograr compensar a elevación dos custos de produción. O vacún de carne de Galicia é un sector que necesita de urxencia cambiar, pois son varios anos en declive continuo, con prezos que non acaban de despegar. Ademais, preocupa que os prezos dos animais da IXP Ternera Gallega reduciron a achega de valor ao resto de animais. Urxe xerar valor para frear o declive produtivo do sector. Por iso, no ano 2021 o vacún contribúe á redución de rendas medias da gandería.

Sector agrícola

O sector agrícola resultou substancialmente mellor que o gandeiro.

A produción e comercialización de viño viuse inicialmente afectada pola pandemia a causa das caídas de vendas na restauración. Con todo, o 2021 pasará globalmente coma un dos mellores anos do sector de viño de Galicia: houbo axilidade comercial na resposta á crise que pronto atopou na alimentación, e mesmo na exportación unha vía de escape que minorou os efectos económicos perversos da pandemia. A mediados de ano comezaba a escasear viño galego nos mercados nacionais e internacionais, o que animou os prezos de venda. Ao final, para o sector do viño (con gran presenza de cooperativas) podemos afirmar que foi un bo ano onde melloraron os prezos de comercialización, tanto da uva como do viño. Subiron os custos (laborais, dos fertilizantes, a reparación de parras, luz…), porén, a mellora dos prezos de venda do individuo viticultor e da adega compensaron suficientemente o incremento dos custos. Ademais, 2021 foi un ano de boas colleitas, polo que globalmente o crecemento das rendas medias do sector foi importante.

Na produción de horta, que leva varios anos en cifras globais positivas, o 2021 tamén foi favorable: melloraron lixeiramente os prezos medios (arredor do 4%) e as producións, provocando unha compensación coa escalada de custos de produción. De media estabilizáronse as rendas de explotacións produtoras, o que supón un bo resultado se o comparamos co doutros sectores.

O subsector de flor e planta viva, que tivo un ano 2020 tan malo coma os sectores gandeiros máis afectados, mellorou substancialmente no ano 2021, acadando os niveis previos á pandemia e, aínda que os custos subiron, as entidades produtoras puideron acercarse ás rendas do ano 2019, despois dun ano 2020 totalmente desastroso en termos económicos.

O mel manifestou un comportamento globalmente positivo no exercicio pero segue estando atacado e perseguido polas diferentes pragas de difícil control (vespa velutina…) e que reduce os volumes agardados.

Destaca o excelente traballo desenvolvido polas cooperativas de subministración e servizos: fábricas de penso, almacéns de venda de alimentación, fertilizantes, plásticos…, así como as cooperativas con prestación de servizos ás persoas socias: servizos veterinarios, agronómicos, seccións de crédito, de maquinaria etc.

Estas cooperativas, sempre vinculadas cos sectores produtivos, tiveron unha actividade e un exercicio difíciles pois deberon afrontar a escalada de prezos internacionais. Hoxe, o sector agroalimentario galego é coñecedor da importancia que supón dispoñer dunha rede de empresas ao servizo de gandeiros e gandeiras que fomentan a competitividade e a redución dos custos de produción. Sen esta rede de empresas cooperativas os custos de produción nunca serían os máis reducidos do Estado. Ben é certo que no 2021 tivemos unha campaña forraxeira con incremento de producións e de calidade, que resultou clave para conter, aínda que sexa un pouco, a escalada dos custos de produción nas granxas, especialmente as de vacún.

O ano 2021 foi un ano de recesión global de rendas no agro galego, ante a forte escalada dos custos de produción. Con relación á evolución da renda media de profesionais da agricultura e da gandería galega, esta foi claramente negativa en relación á media dos do resto de España onde hai moita máis presenza agraria que gandeira. Por tanto, concluímos que o 2021 foi un mal ano para o agro galego, claramente peor que o 2020, pola escalada de prezos dos custos de produción que resultaron imposibles de trasladar á cadea alimentaria pola posición oligopolista da gran distribución e pese a ser cualificados reiteradamente coma esenciais durante a pandemia.

03/06/2022

Tags: Sostibilidade
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}