• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

AGACA e EspazoCoop lanzan 11 solicitudes a institucións públicas e privadas

4 de Novembro de 2021
in Novidades
AGACA e EspazoCoop lanzan 11 solicitudes a institucións públicas e privadas
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • As organizacións representativas do movemento cooperativo galego Asociacion Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Unión de Cooperativas EspazoCoop celebraron un acto conxunto de visibilización do cooperativismo e asinaron a Declaración de Santiago de Compostela 2021 “As cooperativas, motor dunha recuperación máis social, sostible e participativa”.
  • Asistiron representantes de confederacións nacionais de diversos ámbitos cooperativos e de institucións autonómicas e europeas.

Esta mañá foi no compostelán Museo do Pobo Galego o acto de presentación e sinatura da Declaración de Santiago de Compostela “As Cooperativas, motor dunha recuperación máis social, sostible e participativa”, un acordo entre AGACA e EspazoCoop que busca poñer en valor o modelo empresarial cooperativo en Galicia e detalla algunhas das súas demandas e solicitudes á Administración e entidades públicas e privadas.

Comezou coa intervención María Canal, Conselleira Económica da Comisión Europea en España, sobre a estratexia de recuperación europea e adiantou un Plan de Acción Europeo para a Economía Social, para finais deste ano: “A economía social xoga e xogou durante a crise un rol esencial, dunha banda para aumentar a resiliencia e, doutra banda, para preservar o emprego e as empresas que doutro xeito non terían podido saír adiante ou se verían obrigadas ao peche ou a xubilación, transformándoas en cooperativas ”.

En canto ao cooperativismo a nivel nacional houbo tres intervencións. Ángel Villafranca (presidente de Cooperativas Agro-alimentarias de España) nomeou ameazas á estrutura alimentaria, derivadas en ocasións da xeopolítica: “Nós non nos imos deslocalizar. As nosas cooperativas, a nosa xente, non vai marchar do territorio, van seguir implantando, pero precisamos que as nosas Administracións sexan conscientes de que somos relevantes”.

Por outra parte, Luis Miguel Jurado (presidente da Confederación Española de Cooperativas de Trabajo – COCETA) afirmou: “A economía do crecemento polo crecemento fracasa. Investir nas persoas, no seu desenvolvemento persoal e profesional, no seu benestar e na súa contorna é seguro, sen risco e a longo prazo”.

Finalmente, Javier Martínez (presidente da Unión Española de Cooperativas de Enseñanza–UECoE, reclamou á Administración non fusionar nun ciclo a formación de cero a seis anos en colexios, así como o recoñecemento do labor docente e expresou: “As cooperativas de ensino defendemos unha maneira de entender o servizo público situada máis aló da titularidade: no traballo colaborador e na inclusión. No ámbito social implica a construción dunha sociedade máis xusta e máis participativa”.

María Jesús Lorenzana, Conselleira de Emprego e Igualdade, mostrou o apoio da Xunta de Galicia: “Continuamos apostando pola economía social. Este ano aumentamos un 6% o orzamento a proxectos, ferramentas, programas vinculados con este tipo de economía”.

A Declaración

O acto rematou coa sinatura da Declaración por parte das presidentas de AGACA e EspazoCoop, respectivamente Carmen Rodríguez e Ana Olveira. Rodríguez fixo fincapé nas características operativas e económicas das cooperativas, como as limitacións para operar con non socios e para o reparto de plusvalías patrimoniais no caso de disolución: “Nas cooperativas, a especulación económica non é rendible nin viable para o socio”. Pola súa banda, Olveira afirmou: “Non podemos ter unha Lei do século pasado que se vai parcheando para resolver problemas”.

A Declaración de Santiago de Compostela 2021: As cooperativas, motor dunha recuperación máis social, sostible e participativa incide no peso do cooperativismo en Galicia, formado por 1500 cooperativas activas cun constante e progresivo crecemento, incrementado nos anos de crise económica e con grande capacidade de adaptación ao entorno e implantación en todos os sectores económicos e actividades sociais, culturais, asistenciais e humanistas.

Co documento AGACA e EspazoCoop efectúan once solicitudes ás institucións e entidades públicas e privadas. Entre elas, afirman a necesidade de impulsar ás cooperativas mediante políticas públicas formuladas contando co eido cooperativo, ademais de promover un modelo de desenvolvemento económico, social e ambiental que o represente, para consolidar no ámbito económico e empresarial a responsabilidade social e ambiental e o bo goberno.

Incitan ao conxunto entre Administración pública e sector cooperativo para desenvolver marcos legais, plans e estratexias que aseguren o desenvolvemento cooperativo e normativas que manteñan a esencia dos principios fundamentais do cooperativismo, ademais de permitir novas tipoloxías cooperativas que posibiliten atender necesidades reais nun contexto cambiante.

Solicitan asegurar a existencia dun soporte financeiro axeitado para consolidar un cooperativismo viable e sostible e garantir o acceso das cooperativas a fondos europeos, pero tamén locais, autonómicos, nacionais.

Reclaman un compromiso coas cooperativas, nas que priman as persoas, para que sexan axentes de cambio e beneficiarias reais do mesmo, así como reforzar o seu recoñecemento como axente esencial para a recuperación fronte á pandemia da covid-19, en particular mediante iniciativas locais de sostemento a longo prazo e de transmisión de coñecementos e prácticas entre cooperativistas e outros axentes socioeconómicos.

Piden recoñecer ás cooperativas como ferramenta fundamental para salvagardar a sostibilidade económica do sector primario e afrontar retos medioambientais, de acceso á dixitalización e de despoboamento das zonas rurais de Galicia. As cooperativas poden enfrontar o cambio grazas a servizos de asesoramento, produción e acompañamento baseados no coñecemento do territorio e as persoas.

Solicitan aos poderes públicos non poñer impedimentos xurídicos nin económicos ás cooperativas e facilitar as súas integracións para acadar unha maior dimensión coa que participar dun mercado cada vez máis global.

Avogan por un modelo económico máis transparente onde a trazabilidade da cadea alimentaria permita equilibrio entre produción e venda, propiciando un ecosistema produtivo que atraia á mocidade ao sector primario.

Promoven o desenvolvemento e xestión participativa de actividades nas políticas e proxectos relacionadas coa internacionalización e a cooperación internacional para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Comisión Europea.

A declaración completa pode consultarse nesta ligazón.

04/11/2021

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}