AGACA permanece comprometida con diversas iniciativas de desenvolvemento continuo e a longo prazo. Dada a súa natureza multidisciplinar e transversal, atinxen a diversas áreas de especialización e competencia.
Todas estas iniciativas e proxectos emprendémolos coa vontade de que sirvan para o avanzamento e a mellora non só das entidades que se sirvan deles senón tamén do contorno rural en todas as súas facetas.
I+D+i
Para manter e aumentar a rendibilidade de calquera empresa é vital estar ao día no relativo á implantación de novos procedementos e normativas, así como na captación de oportunidades de investimento
En AGACA sinalamos estas oportunidades aos nosos asociados en diversas áreas.
[row][double_paragraph]
MEDIO AMBIENTE
[list] [item icon=”⚒” ]Estudos e auditorías de impacto ambiental[/item][item icon=”⚒” ]Estudos de xestión de residuos e verteduras[/item][item icon=”⚒” ]Memoria de Pequeno Produtor de Residuos[/item][/list] [/double_paragraph] [double_paragraph]
AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA
[list][item icon=”⚒” ]Diagnósticos e auditorías enerxéticas[/item][item icon=”⚒” ]Cálculo da pegada de carbono[/item][item icon=”⚒” ]Estudos de enerxías renovables: solar, térmica, biomasa etc.[/item][item icon=”⚒” ]Estudos de xestión enerxética[/item][/list]
[/double_paragraph][/row]
[row][double_paragraph]
Contamos con profesionais especializados en enxeñería sostible, orientados a optimizar os obxectivos das cooperativas en custos, prazos de execución e calidade, atopando as fontes de financiamento e as solucións técnicas máis axeitadas para cada proxecto.
[/double_paragraph][double_paragraph]
ENXEÑERÍA AGROPECUARIA E AGROINDUSTRIAL
Proxectos de obra civil e instalacións:
[list][item icon=”⚒”]Estabulacións de gando vacún e porcino[/item][item icon=”⚒”]Bodegas, fábricas de pensos, centrais hortícolas[/item][item icon=”⚒”]Talleres mecánicos, instalacións de combustibles[/item][item icon=”⚒” ]Reformas, ampliacións, legalizacións[/item][/list][/double_paragraph] [/row]
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS — PRL
Axudamos a atopar e combater os riscos para a seguridade dos traballadores agropecuarios
Xunto con diversos cursos levados a cabo, adaptados ás necesidades das cooperativas en materias específicas para a súa seguridade (por exemplo manexo de produtos fitosanitarios, manexo de tractor etc.), ACACA conta con persoal cualificado para realizar auditorías de seguridade laboral nas cooperativas.
Cursos vixentes
Calquera cooperativa interesada en organizar cursos de prevención de riscos laborais ou de adecuado uso de maquinarias e procesos de traballo pode contactar coa área de Formación para consultar próximos cursos xa vixentes ou solicitar a súa realización.
Revisión de maquinaria
En novembro de 2016 termina o prazo para pasar a ITEAF (Inspección Técnica de Equipos de Aplicación de Fitosanitarios). Se algunha entidade está interesada en que se efectúen nas súas dependencias as inspeccións dos seus socios, pode contactar con AGACA para que enviemos notificación á Consellería.
IGUALDADE
No contorno cooperativo, a igualdade entre mulleres e homes é especialmente importante polo seu papel socioeconómico. Non só as cooperativas funcionan en ámbitos onde outro tipo de empresa fracasaría; tamén son un modelo de negocio único, onde a toma democrática de decisións e a xestión en común permiten que cada persoa socia teña un peso no desenvolvemento da entidade.
Con todo, os datos estatísticos recollidos nos nosos estudos e enquisas reflicten a preocupante realidade de que aínda as mulleres están pouco representadas nos órganos de decisión das cooperativas mentres que a nivel societario, demográfico ou laboral, a súa presenza é semellante á masculina.
Dende AGACA levamos a cabo diversos programas para promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas cooperativas, organizando talleres de sensibilización, motivación e capacitación, para contribuír a que a porcentaxe de mulleres reitoras e socias nas cooperativas sexa o adecuado para aproveitar empresarialmente o talento de case o 50% das persoas que compoñen as cooperativas.
En Prensa pode consultar as novidades en materia de Igualdade nas que se implica AGACA.
Participación das Mulleres nas Cooperativas Agrarias: Factores para a Conciliación
[row][third_paragraph]
[/third_paragraph][paragraph_right]
Este documento, publicado en 2010, reflicte as conclusións dun estudo realizado a partir de enquisas a mulleres do medio rural galego. Amosa cuestións como a corresponsabilidade no fogar e a relación das mulleres co mundo laboral, a titularidade das explotacións, a participación da renda agraria na renda familiar ou a participación feminina nas cooperativas.
En Publicacións pódense consultar máis iniciativas sobre igualdade de xénero.
[/paragraph_right] [/row]
ASOCIACIÓN GALEGA DE MULLERES DE COOPERATIVAS AGROALIMENTARIAS NÓS, AS MULLERES
Nacida en 2019, o obxectivo da Asociación é o desenvolvemento efectivo e integral da muller: das súas capacidades, da súa participación e da promoción da igualdade no seo do movemento das cooperativas e SAT socias de AGACA.
Deixa unha resposta