Estamos empeñados en que se escoite, dunha vez por todas, o punto de vista da mocidade que viven no medio rural galego que quere apostar polo cooperativismo.
Por iso creamos a COMISIÓN XUVENTUDE COOPERATIVISTA EMPRENDEDORA, unha iniciativa polo empoderamento da xuventude empresarial galega no rural.
Se tes menos de 35 años e pensas que é momento de incorporar iniciativas para revitalizar o noso agro, este é o lugar adecuado.
Non dubides. Achégate. Sen compromiso.
Organizaremos:
VIAXES
Estancias formativas para coñecer e intercambiar experiencias.
REUNIÓNS
e almorzos de traballo, de ti a ti, con representantes das institucións relacionadas coa actividade agraria e gandeira.
XORNADAS INFORMATIVAS
Para coñecer as axudas e apoios públicos e como solicitalos.
ESTUDOS
e análise da problemática do día a día á hora de dirixir unha explotación ou negocio no rural.
Deixa unha resposta