- A entidade resalta que, se ben en 2013 se prohibiu de forma parcial na Unión Europea o emprego de catro praguicidas perigosos para as abellas, ata 2017 non se revisará a información científica necesaria para determinar o alcande deas prohibicións.
- Greenpeace España promove a recollida de sinaturas para presentar ante o Goberno, solicitando que esas prohibicións se fagan totais e que se revisen os máis de 300 produtos perigosos para abellas autorizados en España.

Como xeito de dar visibilidade á solicitude e incentivar a recollida de sinaturas, Greenpeace ofrece a todas as persoas que rubriquen a petición a posibilidade de recibir a sinatura dunha abella. O procedemento para obter estas “sinaturas de abella” que adornan as tarxetas virtuais consistiu na grabación do voo destes animais para converter en trazo algún dos seus movementos.
Contan con 250.000 marcas diferentes, que esperan emparellar con outras tantas firmas de apoio á petición para a regulación dos praguicidas, aínda que o obxectivo final da campaña sexa sumar 500.000 firmas de apoio.
Poden encontrar más información sobre a campaña na web de Greenpeace
Poden firmar na web da campaña “Salva as abellas”.
https://salvalasabejas.greenpeace.es/




