
O proxecto europeo GREENLOW PECUARIA. transferencia do sector agropecuario para reducir o seu impacto climático e mellorar a súa sustentabilidade na Eurroregión Galicia – Norte de Portugal ten como obxectivo principal reforzar as capacidades conxuntas de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) e a transferencia de coñecemento para reducir a pegada ecolóxica do sector gandeiro, especialmente no referente a emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI).
Obxectivos
01 Investigación e innovación tecnolóxica
O proxecto busca fomentar a I+D+i na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal mediante tecnoloxías innovadoras para reducir emisións de gases de efecto invernadoiro. Desenvolveranse modelos preditivos para estimar con precisión as emisións de metano en explotacións bovinas, adaptando a metodoloxía TIER 2 do IPCC a nivel rexional.
A través da cooperación en I+D+i, GREENLOW PECUARIA aplica tecnoloxías avanzadas e modelos preditivos para mitigar o impacto ambiental da gandería , aliñándose cos obxectivos da Axenda 2030 e a Estratexia de Enerxía e Clima da UE.
02 Colaboración e transferencia de coñecemento
Creación dunha plataforma colaborativa transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal para fortalecer a cooperación entre o sector gandeiro e entidades de l+D+i. A través dunha rede estruturada e un Hub de coñecemento, impulsarase a transferencia de resultados do proxecto Greenlow Pecuaria, promovendo prácticas sostibles, tecnoloxías verdes e unha transición ecolóxica.
03 Xestión, comunicación e transparencia
O proxecto busca asegurar unha xestión eficiente e transparente mediante un plan de traballo coordinado e un modelo de gobernanza claro, liderado polo beneficiario principal. Ademais, implementarase unha estratexia de comunicación estruturada para dar visibilidade ao proxecto, fomentar a participación e difundir resultados, fortalecendo a confianza e o impacto no sector agropecuario.
Actividades
ACTIVIDADE 1: Impulso de capacidades de I+D+i para un sector gandeiro hipocarbónico e sostible climaticamente.
ACTIVIDADE 2: Desenvolvemento de modelos preditivos de emisións GEI para a gandería de vacún na Eurorrexión.
ACTIVIDADE 3: Medidas biotecnolóxicas para o control e minimización dos GEI no sector gandeiro bovino.
ACTIVIDADE 4: Rede Transfronteiriza de Investigación e Coñecemento para a transición verde da gandería na Eurorrexión.
ACTIVIDADE 5: Xestión e coordinación.
ACTIVIDADE 6: Visibilidade, transparencia e comunicación.
Socios
O consorcio que promove GREENLOW PECUARIA está formado por sete entidades socias:
Científicas – Aportan coñecemento científico e técnico
- Universidade de Santiago de Compostela – España.
- Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Xunta de Galicia) – España.
- Instituto Politécnico de Viana do Castelo – Portugal.
Representativas do sector gandeiro – permiten facer probas dos modelos preditivos e medidas biotecnolóxicas desenvolvidos en explotacións gandeiras.
- AGACA.
- Associação para o Apoio à Bovinicultura Leiteira do Norte (ABLN) – Portugal.
Administracións públicas con competencias na materia – permiten establecer sinerxías para capitalizar os resultados e integralos nas políticas públicas da Eurorrexión.
- Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (Xunta de Galicia) – España.
- Comissão de Coordinação e Desenvolvimento Regional do Norte – Portugal.
Outra información:
Información de GREENLOW PECUARIA en web Interreg Poctep: https://www.poctep.eu/



