
En virtude do RD 938/2025, de 21 de outubro, de concesión directa de
diversas subvencións en materia agroalimentaria e pesqueira previsto
polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e do que é entidade
beneficiaria Cooperativas Agro-alimentarias de España, por un importe
total de 1.071.162,50€, arrinca o Programa de Actuacións 2025, para
o desenvolvemento de diversas actividades de mellora da competitividade e
modernización das cooperativas agroalimentarias e para a Formación,
Igualdade e Remuda Xeracional de Consellos Reitores cos seguintes
obxectivos:
- Dotar aos membros dos Consellos Reitores de ferramentas, coñecementos e habilidades para mellorar a súa profesionalización e facilitar o exercicio das súas funcións.
- Mellorar as habilidades dos membros dos Consellos Reitores nas súas funcións cotiás, como reunións ou toma de decisións.
- Sensibilizar ao Consello Reitor cara á necesidade de tomar decisións estratéxicas para responder os retos e tendencias que se expoñen no sector.
- Mellorar o funcionamento das sociedades cooperativas como sistemas empresariais competitivos.
- Adaptarse aos continuos cambios da contorna, superar os retos dun mercado cada día máis aberto e global, á vez que aproveitar as oportunidades de forma eficiente e sostible.
- Formar a futuros conselleiros, prioritariamente novos e mulleres, para asegurar o bo funcionamento futuro das cooperativas.
- Preténdese tamén favorecer e/ou profundar nos procesos de integración cooperativa en curso ou en proxecto co propósito de fomentar fórmulas que propicien un maior grao de eficiencia e integración empresarial.
- Favorecer o coñecemento entre as distintas persoas e cooperativas, como base para xerar a necesaria confianza que propicie procesos de cooperación empresarial de carácter supra-autonómico
Tipoloxía das actuacións
O Plan de Formación de Consellos Reitores está dirixido a membros de consellos reitores e futuros reitores de cooperativas e outras entidades asociativas de carácter agroalimentario, da totalidade do territorio do Estado Español.
As accións formativas programadas, baixo a modalidade presencial ou online, constarán de módulos formativos adaptables ás necesidades específicas das cooperativas e doutras entidades asociativas de carácter agroalimentario, destinatarias da formación.
As actividades formativas, presenciais e non presenciais, terán unha duración mínima de 8 horas que, segundo a modalidade, poderán ser impartidas nunha ou varias xornadas. O número mínimo de alumnos será de 8, aínda que con algún matiz para ter en conta. O contido de cada taller estará formado por un ou varios módulos dos que se detallan a continuación, cunha duración mínima de 2 horas por módulo.
• MÓDULO DE ANÁLISE DAS NECESIDADE FORMATIVAS DA ENTIDADE
• MÓDULO MARCO XURÍDICO DO COOPERATIVISMO-I
• MODULO MARCO XURÍDICO DO COOPERATIVISMO-II
• MÓDULO RÉXIME ECONÓMICO DO COOPERATIVISMO-I
• MÓDULO RÉXIME ECONÓMICO DO COOPERATIVISMO-II
• MÓDULO COMPETENCIAS EMPRESARIAIS BÁSICAS: PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA-I
• MÓDULO COMPETENCIAS EMPRESARIAIS BÁSICAS: PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA-II (traballo en equipos)
• MÓDULO COMPETENCIAS EMPRESARIAIS BÁSICAS: MARKETING-I
• MÓDULO COMPETENCIAS EMPRESARIAIS BÁSICAS: MARKETING-II
• MÓDULO COMPETENCIAS EMPRESARIAIS BÁSICAS: CALIDADE E SEGURIDADE ALIMENTARIA:
• MÓDULO COMPETENCIAS EMPRESARIAIS BÁSICAS: MEDIO AMBIENTE E EFICIENCIA ENERXÉTICA:
• MÓDULO COMPETENCIAS EMPRESARIAIS BÁSICAS: IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE HOMES E MULLERES EN COOPERATIVAS
• MÓDULO COMPETENCIAS EMPRESARIAIS BÁSICAS: PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
• MÓDULO SECTOR AGROALIMENTARIO-I
• MÓDULO SECTOR AGROALIMENTARIO-II
• MÓDULO HABILIDADES DIRECTIVAS-I, II, III, e IV
• MÓDULO INTEGRACIÓN COOPERATIVA
• RETOS E ESTRATEXIAS DA EMPRESA AGROALIMENTARIA E CONTORNA SOCIOECONÓMICA
• FINANCIAMENTO E ANÁLISE DE INVESTIMENTOS
• FÓRMULAS DE COOPERACIÓN EMPRESARIAL
• MODELO DE NEGOCIO DA COOPERATIVA
• INTERNACIONALIZACIÓN
• INNOVACIÓN E TIC
• RESPONSABILIDADE SOCIAL COOPERATIVA
• O PLAN DE COMUNICACIÓN
• O GOBERNO DAS COOPERATIVAS
• CASOS DE ÉXITO, VISITAS TÉCNICAS NACIONAIS OU INTERNACIONAIS.
Máis información
Estas actuacións son financiadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través do citado Real Decreto.

Aquelas cooperativas interesadas en participar nes Programa poden solicitar máis información a:
Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias –
AGACA
R/ Tomiño, 22 – Entlo. – 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)
agaca@agaca.coop Tl: 981584783
Documentos adicionais
Solicitude, por parte da Coop. o FUT da formación
(anexo I 2025)



