- Corenta e cinco estudantes do CEIP de Sigüeiro participaron hoxe nunha das xornadas do programa “Almorz@ con Beizos Brancos” de Obra Social “la Caixa” e AGACA.
- A actividade inclúe unha charla didáctica sobre alimentación sa, exercicios lúdicos e un almorzo equilibrado e con produtos naturais.

O alumnado de cuarto curso de primaria do colexio de Sigüeiro tomou parte nunha das xornadas de “Almorz@ con Beizos Brancos” un programa organizado por Obra Social “la Caixa” e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) para difundir fórmulas nutricionais sas entre os escolares.
A actividade comeza cunha charla que explica a incidencia do almorzo tanto no desenvolvemento físico como no rendemento académico de nenos e nenas e a importancia de tomar alimentos o máis naturais e variados posible fronte aos procesados industrialmente, buscando involucrar non só a estudantes senón tamén a familias na inclusión de variados grupos de alimentos nos almorzos para que sexan o máis completos posible.
Entre outras recomendacións, a nutricionista María Fernández propuxo substituír marmelada e manteiga por guacamole caseiro ou anacos de froita natural como saborizante para iogures. A modo de exemplo de almorzo completo e saudable, ofreceuse leite endulzada con cacao puro e mel, pan galego con aceite e froita de tempada.
Ademais da vertente nutricional, nenos e nenas aprenderon, mediante un xogo didáctico, os procesos polos que pasa o leite desde que se extrae das vacas ata que chega aos seus vasos.
Compromiso social
“Almorz@ con Beizos Brancos” repartiu este curos máis de 700 almorzos sans. A actividade forma parte dun programa integral que desenvolven Obra Social “la Caixa” e AGACA, posto en marcha en 2015, que inclúe ademais actividades relacionadas co fomento da participación feminina na xestión cooperativa, mellora da atención a persoas maiores e promoción do emprego xuvenil en áreas rurais.




