
AGACA organiza o vindeiro 3 de febreiro de 2026 a xornada Dixitalización nas cooperativas vitivinícolas no marco da Rede Eusumo. Será unha sesión online orientada a ofrecer unha visión práctica e actual das tecnoloxías avanzadas aplicables ao sector, ademais de servizos que poden recibir as empresas e cooperativas vitivinícolas no que se refire á dixitalización e adopción de tecnoloxías avanzadas a través dos DIH’s. Na xornada exporanse casos reais de éxito e algunhas das ferramentas comerciais que existen
A inscrición é gratuíta e para asistir é necesario inscribirse nesta ligazón.
Ao longo da mañá, abordarán as tecnoloxías máis relevantes, como a automatización, a sensórica IoT, intelixencia artificial ou sistemas de comunicación, e presentaranse casos reais de implantación, así como un obradoiro práctico sobre solucións comerciais dispoñibles no mercado.
PROGRAMA
9:30 – 9:45 h Presentación da xornada
Higinio Mougán. Adxunto á Presidencia de AGACA
9:45 – 10:05 h Introdución á dixitalización e ás tecnoloxías avanzadas no sector vitivinícola: de que falamos, por que e para que
Carlos Castro, DIH DATAlife
10:05 – 11:35 h Inmersión nas tecnoloxías avanzadas clave no sector vitivinícola: automatización e robótica, sensores e Internet das cousas, redes de comunicación, intelixencia artificial e big data, drons e sistemas de observación satelital, sistemas de información xeográfica, ciberseguridade e blockchain, realidade extendida e integración e aproveitamento da información
Carlos Castro, DIH DATAlife
11:35 – 11:50 h Pausa
11:50 – 12:20 h Estado de situación e tendencias na implementación de tecnoloxías avanzadas clave
Carlos Castro, DIH DATAlife
12:20 – 12:50 h Casos de éxito de implantacións de tecnoloxías disruptivas: Monet Viticultura e Perfect Numbers
Carlos Castro, DIH DATAlife
12:50 – 13:50 h Obradoiro práctico en tecnoloxías comerciais: Monet Viticultura, Perfect Numbers, oSIGris, TECNOCE S.L.
Carlos Castro, DIH DATAlife
13:50 – 14:10 h Servizos de apoio EDIH DATAlife
Carlos Castro, DIH DATAlife
14:10 – 14:30 h Dúbidas, preguntas e respostas
Carlos Castro, DIH DATAlife
14:30 h Fin da xornada
A xornada é de acceso libre previa inscrición.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2026 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e da economía social, co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()



