A formación en benestar animal durante o transporte é un requisito fundamental para garantir unhas condicións axeitadas de manexo dos animais vivos e para cumprir coa normativa vixente en materia de protección animal.
AGACA imparte dende principios de febreriro este curso de Benestar Animal. Transportistas, cunha duración de 20 horas lectivas e en modalidade de teleformación. Está homologado pola Consellería do Medio Rural e permite adquirir os coñecementos necesarios sobre a normativa aplicable, o manexo adecuado dos animais e as obrigas das persoas que participan no seu transporte.
A inscrición está aberta ata o 15 de xaneiro neste formulario: https://forms.gle/ERWNbxtZzUKBVyMP9
A quen vai dirixido
O curso está dirixido principalmente a:
-
Transportistas de animais vivos que realicen traslados no marco dunha actividade profesional ou económica.
-
Persoas condutoras de vehículos destinados ao transporte de gando, aves ou outros animais de produción.
-
Gandeiros e gandeiras que transporten os seus propios animais como parte da súa actividade.
-
Persoal implicado na carga, descarga ou manexo de animais durante o transporte, incluídas explotacións, centros de concentración ou destinos finais.
Esta formación é necesaria para dar cumprimento á normativa estatal e europea sobre benestar animal no transporte, que esixe que as persoas responsables destas tarefas conten cunha formación específica e acreditada.
Para máis información e contacto: 609 07 01 35 e/ou 621 15 27 22




