
Se es profesional xove da agricultura ou a gandería podes participar no Programa CULTIVA, un Programa de estancias formativas de 5 a 14 días de duración en explotacións modelo de acollida situadas en toda España.
Este programa é totalmente gratuíto para quen participe e é unha iniciativa financiada e desenvolvida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Se queres vivir a experiencia podes consultar o catálogo e tamén o buscador de explotacións que acollen participantes.
CULTIVA 2024
Para que serve?
Entre os seus obxectivos están ofrecer mozos profesionais da agricultura e a gandería acceso a formación práctica e coñecementos útiles para o desenvolvemento da súa propia actividade agraria.
Nel participan Entidades xestoras (identifican as explotacións modelo e coordinan as estancias – por exemplo, Cooperativas Agro-alimentarias de España), Explotacións modelo (acollen e forman persoas mozas nas súas instalacións), Mozos profesionais da agricultura e a gandería (aprenden e fórmanse nas explotacións modelo. É a quen se destina esta iniciativa) e o MAPA.
Como se desenvolve?
A través de estancias formativas de 5 a 14 días de duración en explotacións modelo de acollida. Ademais da formación nas propias explotacións, as estancias poden incluír visitas técnicas complementarias a outros organismos, entidades, asociacións, cooperativas e outras explotacións agrarias da zona. Impartirase unha media de 7 horas/día de formación, incluíndo a que ocorre en explotación e as visitas.
O MAPA financia, entre outros, gastos de aloxamento, manutención, viaxes e substitución. As estadías son gratuítas para as persoas mozas participantes.
Requisistos para participar
• Ser profesional da agricultura e a gandería menor de 41 anos e instalado/a como titular dunha explotación agraria ou agroalimentaria en territorio nacional.
• No caso de ter 41 anos ou máis, terse instalado por primeira vez na actividade agraria como titular de explotación agraria ou agroalimentaria en territorio nacional no ano en curso da convocatoria ou nos 5 anos naturais inmediatamente anteriores (despois do 1 de xaneiro de 2019), tendo menos de 41 anos en data da primeira instalación.
• En ambos os casos, independentemente de que a incorporación á actividade agraria se tivese realizado ou non a través das axudas dos Programas de Desenvolvemento Rural.
• A explotación agraria ou agroalimentaria na que o mozo ou moza se tivese instalado como titular deberá cumprir coa definición de PEME conforme ao anexo I do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.
• Quen participase no Programa Cultiva en anos anteriores non poderá asistir ás mesmas estancias.
INSCRICIÓNS
Período de solicitude
Ata o 9 de xullo de 2025.
As solicitudes realizaranse a través da SEDE ELECTRÓNICA, onde se atopan as instruccións.
+ Buscador de explotacións
Buscador online: https://www.mapa.gob.es/es/desarrollo-rural/temas/jovenes-rurales/visitas-formativas/buscador_cultiva.aspx
+ Catálogo de explotacións
En formato PDF: https://www.mapa.gob.es/es/dam/jcr:2a74d27a-c95c-48f5-bc49-fc4ab6242953/CATALOGO_DEF_2025_boton-hipervinculos.pdf
+ Info sobre o Programa Cultiva
Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación: https://www.mapa.gob.es/es/desarrollo-rural/temas/jovenes-rurales/visitas-formativas/




