AGROSMARTglobal
En outubro de 2019 comezou o proxecto AGROSMARTglobal destinado a establecer relaciñons empresariais con en China e Estados Unidos. Participan cooperativas de España, Francia e Portugal. As dez rexións do espazo europeo SUDOE que abarca o proxecto son: en España: Galicia, Castela-A Mancha, País Vasco e A Rioxa; en Francia: Nova Aquitania e, en Portugal: Norte, Algarve, Centro, Lisboa e Alentejo.
As principais actividades de AGROSMARTglobal virarán en torno tres vertentes:
-Por unha banda potenciarase a capacidade de diferenciación dos produtos das cooperativas agroalimentarias e tratarase de definir medidas para protexer e promover as Indicacións Xeográficas Protexidas (IGP) e as Denominacións de Orixe (DOP) nos mercados dixitais.
– Doutra banda, crearanse servizos de apoio á internacionalización dixital, a través dunha plataforma online onde acceder a ferramentas TIC e servizos de consultoría. Tamén traballará coas cooperativas para introducir e posicionar os seus produtos en plataformas de comercio dixital B2B e desenvolver misións comerciais a China e Estados Unidos onde establecer lazos empresariais.
– Finalmente, deseñarase un programa formativo multidisciplinar e unha rede de networking e intercooperación entre as cooperativas participantes no proxecto, así como con entidades dos mercados de destino.
AGROSMARTglobal é un proxecto europeo cofinanciado polo Programa InterregSudoe 2014-2020 dentro do eixe prioritario de fomentar a competitividade e a internacionalización das pemes del Sudoeste europeo. Conta cun presuposto total de 1.598.000,00 € e está cofinanciado, nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Máis información premendo aquí