- O 26 de febreiro terá lugar a terceira sesión do ciclo 2026 Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, dedicada á innovación, sustentabilidade e oportunidades que ofrecen os biofertilizantes e bioestimulantes.
- A inscrición é gratuíta. Para inscribirse é necesario completar este formulario.
O 26 de febreiro de 2026 terá lugar a xornada Biofertilizantes e bioestimulantes: innovación e sostibilidade para o agro galego, de 09:30 a 14:30 horas. Contarase con profesionais do sector, tanto de investigación coma de comercialización destas substancias.
A sesión, que é gratuíta, celebrarase online, pero é necesario inscribirse previamente neste formulario.
Programa previsto
09:30 – Conexión e bienvida a participantes
Higinio Mougán. Adxunto á Presidencia de AGACA
10:00 – Por que funcionan os bioestimulantes e biofertilizantes
Francisco Pérez. Alltech Crop Science
10:40 – Como son e como actúan os biofertilizantes e bioestimulantes no agro
Pablo Souza-Alonso. Universidade de Santiago de Compostela
11:15 – Ferramentas tecnolóxicas para o manexo de biofertilizantes e bioestimulantes no agro galego
Rubén Estebala. AGRO4DATA
12:00 – Descanso
12:15 – Aplicacións prácticas de bios en sistemas produtivos galegos
Lucas G. Pastore. Yara Iberian SAU
13:00 – Prados e cultivos de forraxe máis sostibles e produtivos?
Ana Chamorro. Herogra
13:40 – Bioinsumos, economía circular e sostibilidade
Sergio Quiroga. Ecocelta Galicia
14:10 – Preguntas e comentarios
Participantes e relatores
14:25 – Conclusións e peche do programa
Higinio Mougán. Adxunto á Presidencia de AGACA
14:30 – Fin da xornada
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
O ciclo, que explorará diferentes sectores que poden supor oportunidades de negocio, ten como obxectivos: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado, promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio, impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas
As xornadas, de acceso libre previa inscrición, están especialmente dirixidas a persoas socias de cooperativas agroalimentarias, persoas vinculadas á economía social, produtoras e produtores agrarios, persoal técnico e investigador, estudantado e público en xeral.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2026 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e da economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()



