Atención, Comunidades de Montes! Queredes formación a Medida? Lanzamos Obradoiros de Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais

Agaca
Por Agaca Abril 14, 2021 15:26

ACTIVIDADES

Maio 2021

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 152 Marzo 2021

    — Editorial: Reforma da PAC 2023/2027: Negociacións finais.
    — A Fondo: A Nova Política Agraria Común a debate.
    — Caderno Técnico: A xestión integrada de pragas nos principais cultivos galegos.

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

  • Desprazámos á túa Comunidade de Montes para ofrecerche estes obradoiros gratuítos onde resolver dúbidas, coñecer novidades e descubrir oportunidades.
  • Especialistas en normativa, administración e ordenación forestal están a cargo das charlas.
  • Chama ao 981 58 47 83 para informarte.

OBXECTIVOS:

  • Impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais.
  • Favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores.
  • Espertar o interese dos propietarios de terras e das persoas xóvenes desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo.
  • Divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.

PROGRAMA:

1ª Sesión: Luns de 16:00h a 19:00h

INICIATIVAS INNOVADORAS NO MEDIO RURAL NA VALORIZACIÓN DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN:

– “O Dourado Verde” A resinación de piñeirais.

– O cultivo de olivas nos montes comunais.

– A eficiencia enerxética

– Crianza e comercialización de porco celta

– O cultivo da castaña.

– Outras alternativas.

RELATOR: D. Higinio Mougán Bouzón, director-xerente  de  AGACA

 

2ª Sesión: Martes de 16:00h a 19:00h

GOBERNANZA E ORGANIZACIÓN COOPERATIVA DAS COMUNIDADES DE MONTES:

– Condición de comuneiro: perda e adquisición. Requisitos.

– Convocatoria e celebración de asembleas. Adopción e impugnación de acordos. Réxime de maiorías.

– Libros das comunidades: censo, actas e contas.

– Xunta Reitora e órganos de goberno. Capacidade xurídica das comunidades de montes.

– Estatutos e normas internas. Réxime electoral.

RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U

 

3ª Sesión: Mércores de 16:00h a 19:00h

 FISCALIDADE DAS COMUNIDADES DE MONTES:

– Bonificacións fiscais das comunidades de montes.

– Exención de IBI do monte veciñal en man común.

– Deducións na clasificación, adquisición de terreos rústicos, doazóns e permutas.

– Tributación no Imposto sobre Sociedades.

– Catastro: procedementos de alteración e regularización.

RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U.

 

4ª Sesión: Xoves de 16:00h a 19:00h 

TITULARIDADE E DEFENSA DA INTEGRIDADE DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN:

– Procedemento de clasificación e deslindamentos dos montes veciñais. Xurados provinciais de clasificación.

– Accións xudiciais en defensa do monte veciñal: reivindicatoria, declarativa de dominio e deslinde. Conflitos con outras comunidades e con particulares.

– Actos de disposición: adquisición, cesión, permuta, expropiación, arrendamento, superficie, ocupacións e servidumes.

– Procedementos administrativos habituais das comunidades: solicitudes de cortas, aproveitamentos, subvencións, autorizacións, permisos, etc.

– Plans e instrumentos de ordenación

RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U

 

5ª Sesión: Venres de 16:00h a 19:00h

INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN OU XESTIÓN FORESTAL O artigo 77 da Lei 7/2012 obriga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar.

– Proxecto de ordenación forestal

– Documento compartido de xestión forestal

– Documento simple de xestión forestal

– Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

– Tramitación dos instrumentos de ordenación ou de xestión forestal

– Axudas, subvencións ou beneficios fiscais regulados pola normativa vixente en materia forestal para os montes ordenados

– Mercado Transfronteirizo de Intercambio de Carbono

RELATOR: Enxeñeiro Técnico Forestal/Enxeñeiro de Montes

AGACA organiza esta actividad, que se enmarca en la programación 2021 de la Rede Eusumo. La Rede Eusumo es una red de colaboración impulsada por la Xunta de Galicia para el fomento del cooperativismo y la economía social, que cuenta con financiamiento del Ministerio de Trabajo y Economía Social.


14/04/2021

Agaca
Por Agaca Abril 14, 2021 15:26
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

<