• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

AGACA reclama medidas efectivas que garantan a rendibilidade e sostibilidade do sector lácteo

29 de Xullo de 2021
in Novidades
AGACA reclama medidas efectivas que garantan a rendibilidade e sostibilidade do sector lácteo
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Tras un ano con suba das materias primas de alimentación animal, dos custos enerxéticos e doutros custos, os prezos aos gandeiros apenas medraron un 1,8%.
  • Coas estatísticas e estudos oficiais e o decreto de prezos de cesión, o Ministerio dispón de información de sobra para coñecer o deterioro brutal das rendibilidades que se está producindo no sector produtor poñendo en perigo a sustentabilidade do mesmo.
  • Dende as cooperativas lácteas de Galicia iniciamos accións encamiñadas a unha aplicación inmediata, efectiva e práctica das ferramentas do Acordo Lácteo ata acadar a sustentabilidade económica do sector. Non nos resignamos ao “sálvese quen poida”.

Os movementos iniciados a finais do pasado ano pola gran distribución anunciando e impoñendo unilateralmente unha baixada de prezos do leite na cadea de valor comezan a causar estragos nas rendibilidades das explotacións lácteas galegas ante a escalada das materias primas de alimentación animal, a suba constante dos custos enerxéticos e demais custos. A gran distribución novamente considera que as vítimas das súas estratexias comerciais deben ser os produtores de leite, os operadores da cadea máis desprotexidos pola normativa oficial de competencia, que, na práctica, permite o abuso económico da gran distribución sobre o resto de operadores.

As cooperativas lácteas non se resignan a esta situación e solicitan urxentemente que o Ministerio interveña na cadea do sector e aplique a Lei da Cadea Alimentaria, pois coñece os prezos das materias primas de alimentación animal, a suba dos custos enerxéticos e demais custos; coñece os prezos do leite pagados aos gandeiros, dispón do Estudo da Cadea de Valor e Formación de Prezos na Leite Líquida Envasada de Longa Duración (LELD); coñece os prezos de cesión da industria láctea e os prezos dos derivados lácteos no punto de venda da gran distribución, así coma os beneficios das mesmas. Pode, por tanto, determinar facilmente quen ten unha posición dominante de oligopolio e intervir inmediatamente para que a cadea de valor láctea sexa sustentable. Sen sustentabilidade económica da cadea láctea non é posible a sustentabilidade ambiental e social que evite o baleirado do medio rural.

Para as cooperativas lácteas é fundamental recuperar o espírito do Acordo Lácteo e usar as ferramentas políticas de intervención acordadas no mesmo para promover unha acción no sector que apele á sustentabilidade económica na cadea de valor e na defensa dos gandeiros e cooperativas. O propósito a acadar é o fortalecemento dos produtores e das cooperativas ante a anemia que padece o mercado comprimido pola gran distribución. O espírito do Acordo Lácteo e o seu pleno desenvolvemento e aplicación son a vía operativa apropiada para afrontar os problemas do sector lácteo de Galicia e España, xunto coa Lei da Cadea, que debe ser útil e operativa para situacións como a que actualmente padece o sector.

É necesario que o Ministerio aborde unha modificación da figura das Organizacións de Produtores para, cos apoios públicos necesarios, facelas efectivamente reguladoras nun mercado libre e sen excedentes puntuais, e mellorar racionalmente a lexislación que afecta á figura dos primeiros compradores lácteos. Debemos buscar a eficacia operativa destes organismos previstos na normativa e cumprir co mandato normativo comunitario do “Paquete Lácteo” adaptando o mesmo á realidade práctica e operativa do sector en España.

Na imaxe incluímos datos de prezos. Fonte: Milk Market Observatory do 22/07/2021: EU prices of raw milk

É clave buscar a sustentabilidade na cadea de valor, actuando sobre a práctica real de competencia, para evitar que os oligopolios da distribución fixen as rendibilidades fóra da lóxica dos mercados como sucede neste momento. Segundo o Observatorio Lácteo da Unión Europea (UE), os prezos do leite aos gandeiros subiron de media na UE un 8,4% (de maio 2020 a maio 2021). En España, país deficitario na produción láctea, só subiron un 1,8% no mesmo período. Porén, no mesmo período subiron en países coma Irlanda un 22,6%, Bélxica un 19,3%, Países Baixos un 15,4%, Polonia un 13,4%, Alemaña un 10,5%, e así sucesivamente. A esta situación únese a práctica real do “dumping” que impide substituír as importacións masivas de queixo ou doutros derivados lácteos da Unión Europea. Estes abusos de oligopolio da gran distribución e as prácticas tradicionais entre países da UE de “dumping” levan a que o os gandeiros reduzan produción no que vai de 2021, e a que sigan os abandonos de explotacións lácteas nunha media entre o 5% e o 6% anual. Esta situación non é sustentable, pero non nos resignamos ao “sálvese quen poida” das autoridades.

 

29/07/2021

Tags: Lácteo.Sostibilidade
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}