• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • HEMEROTECA DE MEDIOS
  • Blog
  • Galego
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • HEMEROTECA DE MEDIOS
  • Blog
  • Galego
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

AGACA presenta EuroDairy, unha rede europea para o progreso do sector lácteo en Europa

2 de Febreiro de 2017
en Novidades
AGACA presenta EuroDairy, unha rede europea para o progreso do sector lácteo en Europa
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • É un proxecto integrado por 14 países europeos, que agrupa o 60% da produción europea de leite de vacún.
  • Financiado polo programa Horizonte 2020, da UE, establecerá liñas de comunicación e cooperación entre gandeiros europeos de gando bovino de leite.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Mabegondo- A Coruña) acolleu esta mañá a xornada de presentación do proxecto EuroDairy en Galicia. Trátase dunha rede na que participan 20 entidades de 14países, concibida para aumentar a sostibilidade económica, social e medioambiental da produción leiteira en Europa. A participación española concrétase coa implicación de AGACA e o Instituto Vasco de Investigación e Desenvolvemeto Agrario Neiker-Tecnalia.

A presentación, a cargo de técnicos de Ingacal (Instituto Galego de Calidade Alimentaria), Ligal (Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite) e AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) estivo precedida dunha mesa redonda na que se expuxeron estratexias para a produción e a comercialización do sector leiteiro galego ante o novo escenario normativo e de mercado.

Mesa redonda

20170202_wb_presentacion_euroDairyFernando de Antonio, técnico de Gandería de Cooperativas Agro-alimentarias de España, comezou a xornada explicando a influencia das normativas e regulacións europeas e nacionais na evolución do sector e amosou as propostas de Cooperativas Agro-alimentarias de España, como “aumentar as funcións das Organizacións de Produtores (OP) xa que a definición da Comisión Europea coincide amplamente co que actualmente fan as cooperativas”. Tamén, “pensar na posibilidade de que os compradores lácteos negocien coas OP, non cos seus membros, para favorecer a negociación colectiva, que non funciona pois as negociacións materialízanse en contratos, que non se firman entre as OP e a industria”. Asegurou que “aínda que en teoría se sabe o que a industria paga aos produtores e a distribución á industria, hai arredor dun 20% de prezo do leite que ninguén coñece”.

A continuación, Edelmiro López, profesor da Universidade de Santiago (USC), centrouse no mercado e as súas tendencias contraditorias “que veñen para quedar”. Dunha banda, indicou, “o maior volume de demanda é para marcas brancas e produtos de baixo prezo, o que parece ligarse á desigualdade social española, onde se dilúe a clase media consumidora de produtos marquistas. Doutra, multiplícanse certos nichos de mercados para produtos moi concretos coma ecolóxicos ou saudables”.

Para mellorar a situación do sector, recomendou: “Reorientar as explotacións cara modelos autónomos, non dependentes de alimento ou materias externas, para evitar ligarse á volatilidade dos seus prezos”. Como vantaxe adicional, engadiu que “ a autonomía achegará ás granxas ás melloras ambientais que a longo prazo poderían facilitar o cobro de axudas, dado o fincapé da Comisión Europea neste aspecto”.

Francisco Sineiro, profesor da Escola Politécnica Superior da USC, sinalou como xeitos de lograr o obxectivo de autonomía das granxas “o aumento de terras dispoñibles e a mellora de forraxes pois dous de cada tres silos teñen calidade deficiente”. A nivel de xestión de granxas, afirmou: “Deberíanse aprobar plans de mellora con criterios racionais en función da capacidade financeira para afrontar débedas”. Finalmente, sinalou que “os índices de referencia de prezos deberían estar baseados no mercado, non no propio prezo pagado polo leite”.

EuroDairy

20170202_wb_presentacion_euroDairy-tecnicosNo proxecto EuroDairy, que rematará a principios de 2019, participan 14 países: Reino Unido, Países Baixos, Suecia, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Alemaña, Irlanda, Italia, Polonia, Portugal, Eslovenia e España, englobando o 40% dos produtores de leite, o 45% das vacas e o 60% da produción de leite europea.

AGACA coordina o paquete de traballo “Rede de granxas piloto innovadoras”, no que a nivel global participarán 120 explotacións. En Galicia elixíronse 10, de distintos sistemas de produción. Trátase de buscar un conxunto común de metodoloxías e métodos estandarizados de traballo, polo que todas as granxas seguirán os mesmos indicadores de avaliación en catro temas prioritarios: eficiencia de recursos, biodiversidade, coidado animal e indicadores económicos. A rede permitirá establecer grupos operativos cos que conectar as granxas piloto para compartir coñecementos e experiencis, estimulando a innovación.

César Resch, investigador do Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) explicou que EuroDairy aborda a pegada de carbono “dende unha perspectiva holística: non rompe a explotación en unidades senón que todos os procesos se relacionan e polo tanto todos inflúen na emisión de CO2 ou gases equivalentes”.

EuroDairy centrarase, entre outras, en cuestións de manexo de gando e xurros para efectuar melloras en canto a emisiós pois, segundo Resch, “a marxe das cuestións medio ambientais, as explotacións capaces de emitir menos CO2 por litro de leite son máis eficientes en todos os aspectos”.

Roberto Lorenzana, presidente do Laboratorio Interprofesional de Análise do Leite (Ligal) indicou que EuroDairy busca “xerar coñecemento para obter explotacións resilientes mediante o estudo e a comparación dos resultados das granxas tanto coa súa propia produtividade como coa doutras explotacións que partan de situación similares”. A análise dos datos permitirá ver a incidencia das diferentes prácticas na rendibilidade e sostibilidade no tempo das explotacións, identificando cales son as mellores prácticas de xeito que se poidan compartir para aplicar a máis ganderías.

EuroDairy fomentará o emprego e difusión da innovación baseada na práctica na produción leiteira, enfocada a cuestións clave de sostibilidade despois da abolición das cotas leiteiras, como a resiliencia socieconómica, a eficiencia dos recursos e a produción, con obxectivos de biodiversidade, adaptando e desenvolvendo solucións implementables a través da rede.

02/02/2017

 

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Galego

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • HEMEROTECA DE MEDIOS
  • Blog
  • Galego

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNION DE COOPERATIVAS ASOCIACION GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo