- O 14 de outubro terá lugar a xornada online Novidades lexislativas estratéxicas, organizada por AGACA.
- A xornada forma parte do ciclo Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas.
A sétima das xornadas do ciclo Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas leva por título Novidades lexislativas estratéxicas e diríxese principalmente a persoas con cargos directivos nas cooperativas agroalimentarias e entidades de economía social, ademais de mulleres e persoas entre 18 e 35 anos que sexan socias de cooperativas.
As temáticas principais que se tratarán son a aplicación do novo encuadramento das cotizacións á Seguridade Social das actividades agrarias e gandeiras a tempo parcial e das persoas xubiladas, a posta en marcha da factura electrónica e a Lei de Creación e Crecemento de Emrpesa no ámbito das cooperativas e hábitos a modificar e o reto de dispoñer de páxinas web nas cooperativas para abordar novas tendencias de información e rexistro de sociedades (Real Decreto-lei 5/2023).
Programa
10:00h a 11:30h ENCADRE DOS DEBERES E COTIZACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL DA REALIDADE PRODUTIVA DO SECTOR AGROGANDEIRO DE GALICIA:
- O SETA no novo marco do RETA.
- Encadre dos dedicados á agricultura e gandería a tempo parcial no SETA.
- Ingresos Netos Agrícolas e gandeiros e deberes de cotizar á S.S.
- Xubilados e ingresos agrogandeiros.
RELATOR: D. Eduardo de la Hoz Lemos. Avogado experto en Laboral e Seguridade Social.
11:30h Preguntas e aclaracións
11:45h a 12:00 Descanso breve
12:00h a 12:45. FACTURACIÓN ELECTRÓNICA E LEI 18/2022 DE CREACIÓN E CRECEMENTO DE EMPRESAS E IMPACTO NAS COOPERATIVAS AGROALIMENTARIAS:
- Previsións sobre o Regulamento da Lei.
- A Factura Electrónica.
- Hábitos e usos que deben mudar.
RELATORA: Dña. Begoña Ordóñez Castro. Auditora de Contas en ACOP, e experta en cooperativas.
12:45h Preguntas e aclaracións.
13:00h a 13:30h A PROTECCIÓN DE DATOS NAS RELACIÓNS LABORAIS:
- Orientacións prácticas.
RELATORA: Dª. Raquel García Estévez. Responsable do Departamento Xurídico do Grupo Isonor e Delegada de Protección de Datos.
13:30h a 14:30h A INCARDINACIÓN LEGAL NO ORDENAMENTO XURÍDICO DA WEB COOPERATIVA EN SOCIEDADES:
- Implantación, trascendencia e consecuencias.
- O Real Decreto-lei 5/2022.
- Os deberes de información e rexistro.
RELATOR: D. Miguel Mª Sáenz de Viteri. Letrado Asesor de AGACA.
14:30h Clausura da Xornada.
Dª. Carmen Rodríguez. Presidenta de AGACA
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2024 da Rede Eusumo. Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.
![]()



