AGACA INFORMA: servizo a través de Telegram e WhatsApp

Dende a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, AGACA activamos unha nova vía de comunicación coas persoas socias, reitoras, directivas e traballadoras das cooperativas e entidades vinculadas, “AGACA Informa”, un xeito directo e de balde para compartir información sobre eventos, acontecementos e novas de gran interese e relevancia a través das aplicacións WhatsApp ou Telegram.

ALTA E BAIXA NO SERVIZO

  1. Engade este número aos teus contactos: 630 33 45 98.
  2. Mándanos unha mensaxe por WhatsApp ou Telegram coa palabra “Alta” seguida do teu nome e apelidos.
  3. Trátase dunha lista de difusión, non dun grupo, polo que recibirás cada mensaxe de forma individual e ninguén máis terá acceso aos teus datos. Como canle de difusión, non é para facer consultas ou preguntas, só para recibir contidos.

Podes cancelar a subscrición en calquera momento enviando unha mensaxe por WhatsApp ou Telegram coa palabra “Baixa” seguida do teu nome e apelidos.

DIFUSIÓN DA INFORMACIÓN

A información enviarase de luns a venres, de 10 h a 20 h. No caso de tratarse dunha información de urxencia, emerxencia ou especial interese, remitirase no momento oportuno.
Ao tratarse dunha lista de difusión, non dun grupo, recibirás cada mensaxe de forma individual e ninguén máis terá acceso aos teus datos A difusión da información realízase baixo propiedade de AGACA, propietaria do servizo.

NORMAS DE USO

Puntualmente, a Asociación poderá remitir algunha mensaxe para solicitar a opinión das persoas usuarias sobre o servizo co fin de melloralo. O envío de mensaxes inaxeitadas ou reiteradas ao contacto de AGACA, suporá a baixa automática polo administrador do servizo.

O usuario comprométese a notificar calquera variación nos datos facilitados, en especial en caso de cambio de número de teléfono móbil, que afecte á recepción das comunicacións electrónicas solicitadas. O envío da mensaxe de alta ao móbil de AGACA supón a aceptación das condicións e normas de uso do servizo e de WhatsApp ou de Telegram (do que sexa usuario). Pode consultar a información de uso de WhatsApp na seguinte ligazón: Información legal de WhatsApp e información sobre Telegram nesta ligazón: Preguntas frecuentes de Telegram.

Política de privacidade de AGACA

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNION DE COOPERATIVAS ASOCIACION GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo