- Esta tarde terá lugar en Valón a primeira charla do ciclo Stop Velutina impulsado pola Asociación Galega de Apicultura para concienciar sobre a importancia de iniciar o trampeo primaveral contra a vespa velutina. Será ás 19:30 h.
- As charlas amosarán como instalar trampas para capturar as avespas velutinas e evitar a proliferación de niños.
Segundo AGA, a velutina non é un problema illado de apicultores e fruticultores: “É un gran problema medioambiental e de seguridade cidadá que afecta a todos polo que todos debemos de participar no seu control. Considerando os escasos avances e medios técnicos con que contamos actualmente pouco podemos facer, polo que só temos un remedio eficaz de reducir a súa enorme proliferación (vespas autóctonas: 2 ou 3 raíñas/niño; vespa velutina: varios centos/niño) que non é máis que facer unha ampla campaña de trampeo primaveral.”
Dende AGA, afirman que as probas efectuadas o ano pasado en determinadas zonas como Narón e Mondoñedo e a UNAF, en Francia, obtiveron uns resultados moi positivos e esperanzadores. Nos lugares onde se realizou un bo trampeo primaveral o número de niños viuse reducido ata nun 75% respecto ao ano anterior.
A Delegación de Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura efectuará outras charlas en:
A.VV. Brión, 7 de maio, 19:00 h.
A.VV. Santa Icía, 9 de maio, 19:000 h.
A.VV. Cobas, 10 de maio, 19:00 h.
A.VV. Mandía, 11 de maio, 19:00 h.
A.VV. San Xurxo, 12 de maio, 19:00 h.
A.VV. Serantes, 13 de maio, 20:00 h.





