– Xornada formativa sobre oportunidades de negocio: cultivos estratéxicos

Información del curso

  • Agaca e Rede Eusumo
  • 29/10/2025
  • 29/10/2025
  • 5
  • teleformación
  • O 29 de outubro terá lugar unha nova sesión do ciclo 2025 de Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, dedicada aos cultivos estratéxicos en Galicia.
  • A inscrición é de balde.
  • Para inscribirse é necesario completar este formulario.

O 29 de outubro de 2025 terá lugar unha xornada dedicada aos cultivos estratéxicos en Galicia, de 09:30 a 14:30 horas. É a duodécima destas xornadas organizadas para dar a coñecer sectores que poden supoñer unha oportunidade de negocio no medio rural.

A sesión celebrarase online, pero é necesario inscribirse previamente neste formulario.

A lo longo da mañá, especialistas e profesionais do sector ofrecerán información técnica e práctica sobre producións como kiwi, cogomelos, esponxa vexetal ou physalis, abordando aspectos de cultivo, procesado, comercialización e posibilidades de emprendemento en Galicia.

Programa previsto

09:30 – Conexión e benvida ás persoas participantes.
Higinio Mougán. Director-Xerente de AGACA

10:00 – Cultivo do kiwi: Aspectos técnico-agronómicos para a produción e comercialización.
Martín Fernández – Asesor técnico en Kiwi Atlántico

11:00 – Gogomelos: Sistemas de cultivo (troncos, substratos, invernadoiros), requirimentos técnicos e escalabilidade na produción.
Xesús Graña – Coordinador do departamento de I+D+i en Hifas Foresta

11:50 – Breve descanso.

12:10 – Selección, clasificación e comercialización de cogomelos en Galicia.
Ángeles González – Produtora en Shiitake Trives

12:50 – A esponxa vexetal: Condicións de cultivo, técnicas de produción, procesamentos e usos.
Loli González – Proxecto Vida Circular

13:40 –Physalis: Requirimentos agroclimáticos, propagación, coidados, colleita e transformación.
Demetrio Berdiñana. Técnico de AGACA

14:10 – Peche e conclusións.
Resumo de aprendizaxes clave. Recomendacións para emprender nestes cultivos estratéxicos. Espazo para preguntas finais e networking.
Higinio Mougán. Director-Xerente de AGACA

14:30 – Fin da xornada.

XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

Os obxectivos do ciclo, que suma 12 xornadas en total, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a  xeración de emprego cooperativo nos procedementos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.

As xornadas, de acceso libre previa inscrición, están especialmente dirixidas a persoas socias de cooperativas agroalimentarias e a todas aquelas vencelladas coa economía social.

Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Rede Eusumo

  • Facebook
  • Twitter