Curso gratuíto sobre OPERACIÓNS DE GRAVACIÓN E TRATAMENTO DE DATOS E DOCUMENTOS (2023 – 2024)
-
Aínda é posible inscribirse a algúns módulos do curso Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos que se imparte en Melide. As clases comezan o 2 de xaneiro de 2024.
-
O alumnado que se incorpore ao curso o 2 de xaneiro recibirá acreditación dos módulos que supere con éxito.
Duración total dos módulos dispoñibles: 288 horas*.
*A duración completa do certificado de profesionalidade en Operacións de Gravación e Tratamento de Datos e Documentos é de 458 horas e inclúe prácticas en empresas. O alumnado que se incorpore o 2 de xaneiro non poderá obter o certificado de profesionalidade ao completo, ao non ter cursado nin o primeiro módulo nin as prácticas en empresa. O alumnado que se incorpore o 2 de xaneiro si poderá obter certificados acreditativos dos módulos que teña cursado e aprobado.
Que é un certificado de profesionalidade? Son titulacións oficiais con validez en toda España. Saber máis.
Lugares e datas de impartición:
- MELIDE:
Do 2 de xaneiro ao 18 de abril de 2024, en horario de 15:00 a 20:00 h., de luns a venres.
> Combina horas de formación presencial (no Centro de Formación Clun – Rúa Codeseira, 38-40 – Melide) con horas de formación mediante Aula Virtual.
Inscricións:
Para máis información e inscrición pode chamar ao 981584783 (AGACA). O prazo para inscribirse remata o 3 de xaneiro de 2024.
Ocupacións / postos de traballo relacionados:
- Operadoras/es – gravadoras/es de datos en ordenador.
- Auxiliar de oficina.
- Auxiliar de arquivo.
- Operador/a documental.
- Auxiliar de dixitalización.
Axuda económica/bolsa
Módulos certificado:
MF0973_1: Gravación de datos (90 horas). *Este módulo comezou o 30 de novembro de 2023, polo que non é posible matricularse.
MF0974_3: Tratamento de datos, textos e documentación (150 horas).
UF0510 Procesadores de textos e presentacións de información básico (60 horas).
UF0511 Tratamento básico de datos e follas de cálculo (50 horas).
UF0512 Transmisión de información por medios convencionais e informáticos (40 horas).
MF0971_1: Reprodución e Arquivo (120 horas).
UF0513 Xestión Auxiliar de arquivo en soporte convencional ou informático (60 horas).
UF0514 Xestión Auxiliar de reproducción en soporte convencional o informático (60 horas).
MP0110: Módulo de prácticas non laborales de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos (80 horas).* O alumnado que se incorpore ao curso o 2 de xaneiro non poderá cursar o módulo de prácticas en empresas.
FCOO03-2010 Inserción laboral, sensibilización medioambiental e en igualdade de xénero (10 horas).
FCOXXX24 Formación para a Igualdade (8 horas).




