— Do 21 ao 25 de febreiro: “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais” – Lourizán

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo
  • A Casa do Mercado: Avda. Marqués de Valterra, nº 103 - Lourizán (Pontevedra)
  • 21/02/2022
  • 25/02/2022
  • 15
  • presencial
  • Doc. 1
Inscribirse

O obradoiro gratuíto “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais (CCMMVV)” está orientado a persoas involucradas ou interesadas na xestión destas superficies. Será en Lourizán na Casa do Mercado: avda. Marqués de Valterra, nº 103.

Desenvolverase en cinco xornadas temáticas: Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalidade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal. Será impartido por especialistas nas distintas materias e o público terá a posibilidade de consultar dúbidas.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

É posible descargar o programa completo en Documentación 1. Para cubrir o formulario de inscrición debe premer o botón “Inscribirse”.

  • 1ª Sesión: luns, 21 de febreiro, de 16:00h a 19:00h

Iniciativas innovadoras no eido rural na valorización dos montes veciñais en man común:

— “O Dourado Verde”: a resinación de piñeierais.

— O cultivo de olivas nos montes comunais.

— A eficiencia enerxética.

— Crianza e comercialización de porco celta.

— O cultivo da castaña.

RELATOR: Higinio Mougán, director-xerente de AGACA.

  • 2ª Sesión: martes, 22 de febreiro, de 16:00h a 19:00h

Gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes:

— Condición de comuneiro: perda e adquisición. Requisitos.

— Convocatoria e celebración de asembleas. Adopción e impugnación de acordos. Réxime de maiorías.

— Libros das comunidades: censo, actas e contas.

— Xunta Reitora e órganos de goberno. Capacidade xurídica das comunidades de montes.

— Estatutos e normas internas. Réxime electoral.

RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U.

  • 3ª Sesión: mércores, 23 de febreiro, de 16:00 h a 19:00h

Fiscalidade das comunidades de montes:

— Bonificacións fiscais das comunidades de montes.

— Exención de IBI do monte veciñal en man común.

— Deducións na clasificación, adquisición de terreos rústicos, doazóns e permutas.

— Tributación no Imposto sobre Sociedades.

— Catastro: procedementos de alteración e regularización.

RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U.

  • 4ª Sesión: xoves, 24 de febreiro, de 16:00h a 19:00h

Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común:

— Procedemento de clasificación e deslindamentos dos montes veciñais. Xurados provinciais de clasificación.

— Accións xudiciais en defensa do monte veciñal: reivindicatoria, declarativa de dominio e deslinde. Conflitos con outras comunidades e con particulares.

— Actos de disposición: adquisición, cesión, permuta, expropiación, arrendamento, superficie, ocupacións e servidumes.

— Procedementos administrativos habituais das comunidades: solicitudes de cortas, aproveitamentos, subvencións, autorizacións, permisos etc.

— Plans e instrumentos de ordenación.

RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U.

  • 5ª Sesión: venres, 25 de febreiro, de 16:00h a 19:00h

Instrumentos de ordenación ou xestión forestal. O artigo 77 da Lei 77/2012 obriga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar.

— Proxecto de ordenación forestal.

— Documento compartido de xestión forestal.

— Documento simple de xestión forestal.

— Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos.

— Tramitación dos instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

— Axudas, subvencións ou beneficios fiscais regulados pola normativa vixente en materia forestal para os montes ordenados.

— Mercado transfronteirizo de Intercambio de Carbono.

RELATOR: Enxeñeiro Técnico Forestal / Enxeñeiro de Montes.

 

  • Facebook
  • Twitter

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNION DE COOPERATIVAS ASOCIACION GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo