O obradoiro “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Vecinales” está orientado a persoas especializadas na xestión destas superficies. Durante 5 días, pretende mostrar vías de impulso da rendibilidade dos montes veciñais, baixo o réxime de xestión cooperativizada.
Terá lugar na Casa da Cultura de Sarria, situada en Rúa Marqués de Ugena, s/n.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Para realizar a inscrición previa, de carácter gratuíto, pode chamar ao 981 58 47 83, enviar un e-mail a agaca@carlosc168.sg-host.com ou completar o formulario premendo o botón “Inscribirse”, á esquerda.
Iniciativas innovadoras no medio rural na valorización dos montes veciñais en man común: -“O Dourado Verde” A resinación de piñeirais. – O cultivo de olivas nos montes comunais. – A eficiencia enerxética – Crianza e comercialización de porco celta – O cultivo da castaña. |
Gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes: -Condición de comuneiro: perda e adquisición. Requisitos. -Convocatoria e celebración de asembleas. Adopción e impugnación de acordos. Réxime de maiorías. -Libros das comunidades: censo, actas e contas. -Xunta Reitora e órganos de goberno. Capacidade xurídica das comunidades de montes. -Estatutos e normas internas. Réxime electoral. RELATOR: Dª Inés Meilán Mateo. Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U |
Fiscalidade das comunidades de montes: -Bonificacións fiscais das comunidades de montes. -Exención de IBI do monte veciñal en man común. -Deducións na clasificación, adquisición de terreos rústicos, doazóns e permutas. -Tributación no Imposto sobre Sociedades. -Catastro: procedementos de alteración e regularización. RELATOR: Dª Inés Meilán Mateo. Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U |
Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común: -Procedemento de clasificación e deslindamentos dos montes veciñais. Xurados provinciais de clasificación. -Accións xudiciais en defensa do monte veciñal: reivindicatoria, declarativa de dominio e deslinde. Conflictos con outras comunidades e con particulares. -Actos de disposición: adquisición, cesión, permuta, expropiación, arrendamento, superficie, ocupacións e servidumes. -Procedementos administrativos habituais das comunidades: solicitudes de cortas, aproveitamentos, subvencións, autorizacións, permisos etc. -Plans e instrumentos de ordenación RELATOR: Dª. Inés Meilán Mateo. Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U
Xestión cooperativa dos recursos ociosos dos montes veciñais en man común. RELATOR: D. Higinio Mougán Bouzón Director-Xerente de AGACA |