- O 28 de abril terá lugar en Santiago a Xornada para o coñecemento do estado dos mercados lácteos, os contratos e os reais decretos de ordenación de explotacións de bovino e uso sostible de antibióticos.
- Está dirixida a membros de consellos reitores e persoal técnico das cooperativas de AGACA.

Con esta xornada tratamos de coñecer en detalle a aplicación de dous reais decretos e as implicacións que ambos os dous poden ter na gandería galega. Tras seren debatidos e con innumerables alternativas, agora deben coñecerse o seu contido e os efectos máis destacados. Para iso, contarase con especialistas que adiantarán os posibles efectos no sector lácteo.
Do mesmo xeito, debemos comentar as últimas xestións relacionadas co real decreto de nutrición sostible nos solos agrarios e coa súa entrada en vigor nos vindeiros meses. Pola normativa aprobada, a aplicación do xurro converteuse nun reto moi importante para o sector de vacún de leite para os próximos anos. Dados os cambios no mercados, na xornada informarase acerca dos contratos que se están asinando, dos prezos de mercado do leite que se barallan neste momento e das tendencias e xestións que se deben realizar, e posibilitarase o intercambio de posibles actuacións de AGACA nesta materia.
PROGRAMA
11:00 – Presentación
11:15 – Real Decreto 992/2022 de uso sostible de antibióticos: aplicación.
Victorio Collado. Técnico de Cooperativas Agro-alimentarias de España.
12:00 – Real Decreto 1053/2022 de normas básicas de ordenación das granxas bovinas.
Yolanda Pinilla. Técnica de Cooperativas Agro-alimentarias de España.
13:00 – Xestións relacionadas coa aplicación do Real Decreto 1051/2022 de nutrición sostible en solos agrarios.
Higinio Mougán. Xerente de AGACA.
13:30 – Informe sobre a situación dos contratos e mercados lácteos en Galicia. Tendencias e perspectivas.
Carlos Ares. Técnico de AGACA.
Debate, intercambio de opinións e posición de AGACA.




