RESUMO ELABORADO POR
Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación”(formato PDF, en galego) e a orde completa en español na ligazón web.
— ORDEN do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións Xempre Emprendemento para apoiar iniciativas de emprendemento, e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2022. Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. DOG Nº 187 (30/09/2022).
OBXECTO
A finalidade destas axudas é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica, a súa competitividade e, en definitiva, manter os empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 1 de xaneiro de 2022 ata a data da presentación da solicitude.
Ter iniciada a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2020 ata a data de presentación da solicitude.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
1. Serán subvencionables os investimentos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto empresarial que iniciou a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2020.
- Equipamento informático.
- Activos intanxibles: activos que no teñen unha materialización física ou financeira.
- Investimentos en eficiencia enerxética.
- Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
- Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
- A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipamento de segunda man serán subvencionables sempre que cumpran unha serie de requisitos.
2. Os investimentos terán que estar realizados e pagados dentro do prazo de execución, que abrangue desde o 1 de xaneiro de 2022 ata a data da presentación da solicitude.
CONTÍA DAS AXUDAS
A contía da axuda terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado:
a) Con investimentos de 5.000 € ou máis ata un límite de 10.000 €, a contía da axuda será do 60 % do investimento.
b) Con investimentos de 10.001 € ou máis ata un límite de 30.000 €, a contía da axuda será do 50 % do investimento.
c) Con investimentos de 30.001 € ou máis ata un límite de 50.000 €, a contía da axuda será do 40 % do investimento.
d) Con investimentos de 50.001 € ou máis ata un límite de 100.000 €, a contía da axuda será do 30 % do investimento.
PRAZO DE SOLICITUDES
O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 4 de novembro de 2022.



