— Axudas pago préstamos adianto PAC 2020.

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo en PDF en “Documentación” e a Orde completa na ligazón “Web”

ORDE do 10 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para o pagamento da comisión inicial de apertura destinadas aos beneficiarios dos préstamos de adianto das axudas da PAC no ano 2020 (código de procedemento MR242A). Consellería do Medio Rural DOG Nº 114, 12.06.2020.

OBXECTO E ÁMBITO

a) Esta orde ten por obxecto convocar e establecer as bases para a concesión das axudas de minimis para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas asinantes dos préstamos de adianto das axudas da PAC no ano 2020.
b) Esta orde aplicarase no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e regula a forma de concesión e pagamento das axudas citadas no punto 1 deste artigo.
c) Nesta orde regúlase o procedemento MR242A, relativo á comunicación da declaración responsable sobre a formalización do préstamo do adianto da PAC 2020, que deberá acompañarse da documentación complementaria que recolle o anexo I desta orde.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, que cumpran todos os requisitos que se indican a seguir::
a) As persoas agricultoras e gandeiras solicitantes das axudas (directas e Feader SIXC) correspondentes á política agraria común (PAC), que presenten ou presentasen a súa solicitude consonte o previsto na Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.
b) Que subscriban ou teñan subscrito un préstamo persoal do anticipo da PAC 2020 con algunha das entidades financeiras asinantes do convenio entre a Administración xe-ral da Comunidade Autónoma de Galicia a través da Consellería do Medio Rural..

SOLICITUDE DAS AXUDAS E PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA

1.- A solicitude da axuda entenderase realizada pola presentación, no ano 2020, da solicitude única regulada na Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos a agricultura e a gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, sempre que se xustifique a subs¬crición dun préstamo entre a persoa solicitante da PAC da campaña 2020 e as entidades financeiras asinantes do convenio, xa fosen subscritos os préstamos antes da sinatura do convenio como con posterioridade á súa entrada en vigor, e que consideren o préstamo para o adianto dunha porcentaxe da PAC na campaña 2020.

2.- Corresponde ás entidades colaboradoras que se regulan no artigo 5.1 desta orde presentar ao Fogga a xustificación da sinatura dos préstamos previstos no número 1 deste artigo. Esta xustificación consistirá nunha declaración responsable asinada pola entidade financeira segundo o modelo que figura no anexo I desta orde.

As entidades colaboradoras presentarán a declaración responsable obrigatoriamente por medios electrónicos e responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para verificar o contido da declaración responsable.

3.- As persoas solicitantes deberán asinar unha declaración responsable sobre se teñen concedidas axudas en réxime de minimis (Regulamento (UE) núm. 1408/2013) neste ano.

CONTÍA DAS AXUDAS

1 . A contía da axuda será do 1 % do importe do préstamo concertado entre a persoa solicitante da PAC e as entidades financeiras para o adianto de ata o 90 % dos importes da PAC (axudas directas e Feader SIXC). Esta contía calcularase tomando como referencia o importe pagado a cada persoa solicitante na campaña anterior.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As entidades colaboradoras deberán remitir toda a documentación citada nas diversas letras do punto 2 deste artigo antes de 15 días hábiles desde a finalización de cada mes natural, en relación cos préstamos formalizados nese mes, non podendo superar o día 30 de agosto as citadas comunicacións. Respecto dos préstamos asinados con anterioridade á publicación desta orde, o envío de toda a documentación indicada no punto 2 deste artigo deberá facerse no primeiro envío que efectúen as entidades colaboradoras.

 

  • Facebook
  • Twitter

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo