— Axudas: indemnizacións sanidade vexetal. Ata 10/10/20

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e a Orde completa na ligazón “Web”

— ORDE do 25 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2020. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 137, 10/07/2020.

OBXECTO

O obxecto desta sección é o establecemento das bases reguladoras para a concesión de indemnizacións pola adopción das medidas fitosanitarias derivadas da loita contra pragas de corentena.

Obxecto O obxecto desta sección é convocar a concesión de indemnizacións, no marco das bases reguladoras establecidas na presente orde, para paliar as medidas fitosanitarias derivadas das seguintes pragas de corentena, recollida nos seguinte texto normativo:

  1.  Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca, segundo o establecido no Real decreto 197/2017, do 3 de marzo, polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación de Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora (Povolny).
  2.  Fusarium circinatum Niremberg et O´Donnell, segundo o establecido no Real decreto 637/2006, do 26 de maio, polo que se establece o Programa nacional de erradicación e control do fungo Fusarium circinatum Niremberg et O´Donnell, e as súas modificacións.
  3.  Trioza erytreae ou psílido africano dos cítricos, segundo o establecido no Real decreto 23/2016, do 22 de xaneiro, polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación de Trioza erytreae e o programa nacional de prevención de Diaphorina citri e Candidatus Liberibacter spp.
  4.  Thekopsora minima segundo o establecido no Real decreto 58/2005, do 21 de xaneiro, polo que se adoptan medidas de protección contra a introdución e difusión no territorio nacional e da Comunidade Europea de organismos nocivos para os vexetais ou produtos vexetais, así como para a exportación e tránsito cara a países terceiros.

PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS

  1. Poderán ser persoas beneficiarias destas indemnizacións as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica cuxos produtos vexetais fosen afectados polas medidas fitosanitarias adoptadas en virtude dunha declaración da presenza da praga pola autoridade competente, orixinada polo desenvolvemento dun programa oficial de erradicación dos organismos de corentena dos determinados na correspondente convocatoria.
  2. As empresas poderán ser beneficiarias sempre que teñan a consideración de pequena e mediana empresa agraria, segundo o establecido nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal para o período 2014-2020 e no Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño.
  3.  Os propietarios dos vexetais ou produtos vexetais que incumpriran a normativa vixente e, especialmente, o determinado no Real decreto 58/2005, do 21 de xaneiro, polo que se adoptan medidas de protección contra a introdución e difusión no territorio nacional e da Comunidade Europea de organismos nocivos para os vexetais ou produtos vexetais, así como para a exportación e tránsito cara a países terceiros e no Real decreto 197/2017, non poderán obter a condición de persoas beneficiarias.
  4. No caso de produtores de plantas de viveiro, estes deberán estar inscritos nos correspondentes rexistros oficiais, non sendo posible o outorgamento de indemnización se no momento da inspección inicial o viveiro non cumprise este trámite.

Poderán ser persoas beneficiarias das indemnizacións as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de:

a) Planta destinada a plantacións forestais de Pinus sp. que fose destruída como consecuencia da detección dun foco de Fusarium circinatum Niremberg et O´Donnell.
b) Planta destinada á venda de especies sensibles que fose destruída como consecuencia de estar o viveiro situado nunha zona demarcada de Trioza erytreae adquirida con data anterior ao establecemento da dita zona como demarcada.
c) Semente certificada de tubérculos de pataca destruída en aplicación das medidas de erradicación de Tecia solanivora Povolny, existente en almacéns comercializadores situados en zonas demarcadas e con data de adquisición anterior á data de declaración desa zona como zona demarcada de Tecia solanivora Povolny. A entrega de tubérculos de pataca, aos servizos oficiais, realizarase mediante sacos orixinais (sempre que non fosen abertos) ou nos sacos entregados por estes servizos. Emitirase certificado da cantidade de pataca entregada, e posteriormente destruída, con base no cal se realizará o cálculo do importe da indemnización.
d) Tubérculos de pataca de consumo producidos nas zonas demarcadas durante as campañas 2017, 2018 e 2019, plantados antes da declaración de zona demarcada e destruídos en aplicación das medidas de erradicación de Tecia solanivora Povolny. A entrega de tubérculos de pataca, aos servizos oficiais, realizarase mediante sacos entregados por estes servizos. Emitirase certificado da cantidade de pataca entregada, e posteriormente destruída, con base no cal se realizará o cálculo do importe da indemnización.
e) Plantacións de tubérculos de pataca desenterradas e destruídas en aplicación das medidas de erradicación de Tecia solanivora Povolny.
f) Planta destinada a venda de especies sensibles que fose destruída como consecuencia da detección dun foco de Thekospora minima.
Serán obxecto de indemnización as plantacións realizadas en zonas onde se declarase como zona demarcada en aplicación.

GASTOS OBXECTO DE INDEMNIZACIÓN

As contías das indemnizacións estableceranse nos correspondentes baremos que se publicarán en cada convocatoria. Serán obxecto de indemnización os seguintes gastos:

    1. Destrución, desinfección, esterilización ou calquera outro tratamento aplicado oficialmente a:

      a) Vexetais, produtos vexetais e outros obxectos constitutivos de lote ou lotes que fosen a orixe da introdución do organismo nocivo na zona de que se trate, e que fosen recoñecidos como contaminados ou que poidan ser contaminados.
      b) Vexetais, produtos vexetais e outros obxectos recoñecidos como contaminados ou que poidan ser contaminados polo organismo nocivo introducido, que fosen cultivados a partir de vexetais do lote ou lotes de que se trate, ou por estar situados preto de vexetais, produtos vexetais ou outros obxectos do citado lote ou de vexetais cultivados.
      c) Substratos de cultivo e terreos recoñecidos como contaminados ou que poidan ser contaminados polo organismo nocivo do que se trate.
      d) Materiais de produción, acondicionamento, embalaxe ou almacenamento; os locais de almacenamento ou acondicionamento e os medios de transporte que estivesen en contacto cos vexetais, produtos vexetais e con outros obxectos mencionados anteriormente ou partes deles.

    2. As inspeccións ou probas efectuadas oficialmente, ou por mor dunha petición oficial, para efectos de verificar a presenza ou a importancia da contaminación por parte do organismo nocivo introducido.

Baremos de contía compensatoria. Establécense para a convocatoria 2020 os baremos fixados no anexo II desta orde.

INICIO DO PROCESO DE CONCESIÓN

1. Os procedementos de concesión das indemnizacións iniciaranse por instancia de parte, coa presentación das solicitudes de indemnización por parte das persoas interesadas e empregando o formulario que figuran como anexo I nesta orde (procedemento MR465A), dentro do prazo establecido na correspondente convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Remata o 10 de outubro de 2020.

  • Facebook
  • Twitter

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo