RESUMEN ELABORADO POR
Pode consultar/descargar este resumo da Orde en galego en “Documentación” e a Orde completa en español no enlace “Web”
DOG Nº 240, 16/12/2021. ORDE do 20 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2022.
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. (DOG No 249 29/12/2021)
OBJETO
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2022.
2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
BENEFICIARIOS
Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando que se especifica no anexo I e que fose afectado por ataques de lobos dentro da comunidade autónoma.
REQUISITOS
1. 1. O gando danado polo que se solicita a axuda deberá cumprir cos seguintes requisitos:
a) Pertencer a unha persoa física ou xurídica titular dunha explotación gandeira inscrita na sección correspondente segundo o tipo de gando no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia.
b) O gando bovino, ovino e cabrún deberá cumprir cos requisitos sanitarios establecidos nos programas de control, vixilancia e erradicación de enfermidades que poden afectar as especies gandeiras de acordo coa normativa aplicable para o efecto.
No caso do gando porcino, deberá pertencer á raza Celta e cumprir cos requisitos sanitarios establecidos no Real decreto 599/2011, do 29 de abril, polo que se establecen as bases do Plan de vixilancia sanitaria do gando porcino, e no Real decreto 360/2009, do 23 de marzo, polo que se establecen as bases do Programa coordinado de loita, control e erradicación da enfermidade de Aujeszky.
c) Estar identificado de acordo coa normativa aplicable para o efecto e, no caso de gando porcino de raza Celta, deberán estar identificados individualmente e estar inscritos no Libro xenealóxico da raza.
ÁMBITO TEMPORAL
Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022.
COMUNICACIÓN DO DANO
- O horario hábil de atención telefónica é desde as 8.00 ata as 20.00 horas, de luns a venres, e desde as 8.00 ata as 17.30 horas, os sábados. Nas vinte e catro horas seguintes ao ataque no caso de gando en réxime intensivo e de tres (3) días no caso de gando en réxime semiextensivo ou extensivo, as persoas propietarias das reses deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará un código que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.
Para os danos constatados entre as 17.30 horas dos sábados e as 8.00 horas dos luns, a comunicación da constatación do ataque realizarase nas vinte e catro horas seguintes contadas desde as 20.00 horas do domingo.
Os animais mortos non poderán ser manipulados para non obstaculizar o labor investigador dos/as axentes que se despracen ao lugar para valorar os feitos e elaborar a correspondente acta. Para isto, tomaranse as medidas oportunas para evitar, no posible, a alteración do escenario do acto de depredación, evitando en todo caso o seu traslado do lugar dos feitos.
Os animais feridos poderán ser atendidos por persoal veterinario coa menor manipulación posible co obxecto de non entorpecer o labor investigador.
- A partir do 1 de outubro de 2022 poderán realizarse comunicacións por danos de lobo de acordo co establecido nos parágrafos anteriores e a concesión de axudas quedará condicionada a unha nova convocatoria no ano 2023.
Importe das axudas |
- O importe das axudas por morte do gando figura no anexo I desta orde.
Este importe incrementarase nun 30 % cando afecte gando pertencente a explotacións gandeiras dos concellos recollidos no anexo III desta orde e nun 10 % no caso daquelas explotacións en que se comprobase a aplicación de medidas preventivas fronte aos ataques do lobo, e que fosen avaliadas como axeitadas pola comisión de valoración correspondente, de acordo co criterio que fixe ao respecto a Dirección Xeral de Patrimonio Natural para o período de vixencia desta orde.
- No caso de animais feridos, a axuda estimarase en función dos gastos veterinarios producidos e acreditados (enténdese por gasto veterinario tanto a actuación do persoal profesional como o tratamento prescrito), nunha contía que en ningún caso poderá exceder o límite das contías previstas no anexo I desta orde
Prazo de presentación de solicitudes |
Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes:
- a) Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2021 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
É requisito imprescindible que se comunicase previamente o ataque do xeito e no prazo previsto na Orde do Orde do 16 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2021.
- b) Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde o prazo de presentación será de 1 mes contado desde o día seguinte ao da comunicacióndo dano.