— Axudas Cheque Autónomo Seguimos Adiante. Ata 06/08/2020.

Agaca
Por Agaca Xullo 9, 2020 12:33

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e a Orde completa na ligazón “Web”

— ORDE do 26 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Cheque autónomo seguimos adiante, financiado con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e se procede á súa convocatoria para o ano 2020. CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DOG Nº 133, 06/07/2020.

OBXECTO E BASES REGULADORAS

1. Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do programa Cheque autónomo seguimos adiante, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados na actual situación económica motivada pola pandemia do COVID-19.

SUBVENCIÓNS BAIXO A CONDICIÓN DE MINIMIS

Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis, nos termos establecidos no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L352, do 24 de decembro).

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:
1. As persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de mutualidade do colexio profesional con domicilio fiscal en Galicia que estean en activo e cumpran os seguintes requisitos:

a) Que non percibisen prestación extraordinaria por cesamento temporal de actividade motivada pola pandemia do COVID-19, o que demostrará cunha declaración responsable.

b) Que teñan unha diminución na facturación superior ao 50 % comparando a facturación do segundo trimestre de 2020 coa do primeiro trimestre de 2020, o que demostrarán cunha declaración responsable.

c) Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2019 (ou do último ano que a presentara), que demostrará cunha declaración responsable.

2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia que estean en activo e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que as persoas traballadoras autónomas societarias non percibisen prestación ex-traordinaria por cesamento temporal de actividade motivada pola pandemia do COVID-19, o que demostrará cunha declaración responsable.

b) Que teñan unha diminución na facturación superior ao 50 % na facturación, comparando a facturacións do segundo trimestre de 2020 coa do primeiro trimestre de 2020, o que demostrará cunha declaración responsable.

c) A empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración referida ao ano 2019 (ou á última declaración presentada) inferior a 30.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto do sociedades), que demostrará cunha declaración responsable. No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas este importe de 30.000 euros refirirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens, que demostrará cunha declaración responsable. Que a sociedade teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2019 (ou do último ano que a presentase), que demostrará cunha declaración responsable.

3. Tanto as persoas traballadoras autónomas como as mutualistas e as sociedades deben ter un período mínimo de actividade de 12 meses inmediatamente anteriores á declaración do Estado de alarma (Real decreto 463/2020, do 14 de marzo BOE núm. 67, do 14 de marzo), segundo a comprobación de vida laboral para a persoa traballadora autónoma ou alta no IAE para as sociedades

AXUDAS

1. Axuda a gastos loxísticos e de transporte de envíos da empresa comercializadora de produtos finais ao domicilio das persoas consumidoras finais. A axuda será de 3 € por envío contratado con empresas loxísticas externas.

Subvencionarase un máximo de 100 envíos para a persoa autónoma individual. Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea, o máximo serán de 150 envíos. Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea, os envíos máximos serán 200.

2. Axuda do 100 % dos seguintes gastos da actividade da empresa establecidos consonte o artigo 4.3 da Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020:

O pagamento por estar nalgunha plataforma de e-commerce local.

O pagamento por licenza de uso de software de venta en liña.

Gastos de publicidade en redes sociais.

Gastos correntes de seguridade motivadas polo COVID-19 entre os que están, entre outros, os gastos en máscaras, luvas, desinfectante, limpeza, anteparos, asesoramento en prevención de riscos laborais.

Gastos de subministracións e de telecomunicacións.

3. Axudas máximas:
A axuda máxima para o punto un deste artigo será:
– Para a persoa autónoma individual 300 €.
– Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea 450 €.
– Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea 600 €.
A axuda máxima para o punto dous deste artigo será:
– Para a persoa autónoma individual 600 €
– Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea 900 €.
– Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea 1.200 €.

Ambas as axudas son compatibles polo que as axudas máximas do punto un máis do dous deste artigo serán:
– Para a persoa autónoma individual, 900 €.
– Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea, 1.350 €.
– Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea, 1.800 €.

A axuda máxima será de 1.800 €.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de solicitude finaliza o 6 de agosto de 2020.