RESUMO ELABORADO POR
Pode consultar/descargar a Orde completa na ligazón “Web”
— ORDEN del 26 de diciembre de 2019 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas para las inversiones en transformación y comercialización de productos agrarios del período 2014-2020, cofinanciadas por el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader), y se convocan para el ejercicio presupuestario de 2020. Consellería do Medio Rural. (DOG Nº 16, 24/01/2020).
OBXECTO
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2020.
A concesión destas axudas efectuarase mediante concorrencia competitiva.
BENEFICIARIOS
Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren subvencionables.
INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES
- Considéranse subvencionables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca. Así mesmo, poderán subvencionarse investimentos relativos a procesos de transformación nos cales interveñan produtos non incluídos no anexo I do Tratado, se estes son un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a cantidade ou valor económico total deles non supere o 25 % do peso ou valor económico total do produto final.
- Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do Tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do Tratado). Para estes efectos considerarase que os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización son produtos agrarios cando a súa totalidade estea incluídas no anexo I do Tratado.
- Non obstante, non serán subvencionables:
a) Os proxectos en que o importe total dos investimentos subvencionables sexa inferior a 60.000 €.
b) No sector vitivinícola os investimentos relativos aos produtos descritos na parte XII do anexo I do Regulamento UE nº 1308/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro, relativo aos produtos amparados polos programas de apoio no sector vitivinícola, xa que poden ser subvencionados a través deses programas específicos. - Os tipos de gasto subvencionables son os seguintes:
a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor inferior ao 10 % do total dos gastos subvencionables.
b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.
c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.
d) Os custos xerais vinculados as letras a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso, o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das letras a), b) e c) anteriores. - Non serán, porén, obxecto de axuda os investimentos relativos aos conceptos e actividades sinalados no anexo I desta orde.
CONTÍA DAS AXUDAS
As porcentaxes máximos de axuda serán as seguintes:
Tipo de produto final | Tipo de empresa solicitante | ||
Microempresas e pequenas empresas | Empresas medianas | Empresas non pemes | |
Incluídos na súa totalidade no anexo I do Tratado | 50% | 50% | 50% |
Non incluídos na súa totalidade no anexo I do Tratado | 30% | 20% | 10% |
PRAZO DE SOLICITUDE
O prazo remata o vindeiro 24 de febreiro de 2020.