— Axudas á contratación de persoas coidadoras de gando; prevención lobo. Ata 09/02/2024

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación”(formato PDF) e consultar a Orde completa na ligazón”web”.

ORDE dO 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras ds axudas aos custos derivados de la contratación de persoas cuidadoras do gando en ganderías, como medida de prevención dos daños que poida ocasionar o lobo, e se convocan para el año 2024 . Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. (DOG Nº 6, 09/01/2024).

OBXECTO E PRINCIPIOS

1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas para a contratación de persoas coidadoras de gando en explotacións gandeiras pastoreo e manexo do gando como medida preventiva dos danos que poida ocasionar o lobo e para o mantemento de postos de traballo indefinidos creados ao abeiro das liñas de axudas concedidas aos custos derivados da contratación de persoas coidadoras do gando en gandarías no ano 2023, e realizar a súa convocatoria para o exercicio orzamentario do
ano 2024 (procedemento MT809G).

PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS

1. Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

ACTUACIÓNSS SUBVENCIONABLES E IMPORTE

1. Será actividade subvencionable o investimento para a contratación de persoas coidadoras de gando en explotacións gandeiras, como elemento preventivo dos danos que poida, ocasionar o lobo, que cumpra os seguintes requisitos:

a) O pastoreo exercerase sobre as reses da explotación gandeira e nos terreos destinados ao pastoreo do gando da persoa beneficiaria.

b) Poderán acollerse a estas axudas:

1º. Liña para os contratos en vigor a partir do 1 de xaneiro do 2024 ata o 30 de novembro
de 2024.

2º. Liña para o mantemento, desde o 1 de xullo de 2024 ata o 30 de novembro de 2024, do posto de traballo indefinido creado ao abeiro das liñas de axudas concedidas aos custos derivados da contratación de persoas coidadoras do gando en gandarías, como medida de
prevención dos danos que poida ocasionar o lobo no ano 2023.

c) Será obxecto de axuda a actividade de pastoreo que se realice a xornada completa (40 horas semanais), con redución proporcional no caso de xornadas inferiores.

d) Deberanse indicar en todos os casos os terreos onde se van desenvolver as actividades e pastoreo para as cales se solicita a subvención.

2. A axuda poderá acadar o 100 % dos gastos subvencionables e fíxase un importe máximo de 18.000 euros de axuda por persoa beneficiaria.

3. Sen superar a porcentaxe anterior, a axuda máxima será de 1.500 euros por persoa e mes de pastoreo a xornada completa. Nos casos dunha duración inferior ao mes ou dunha dedicación inferior á xornada completa, o importe reducirase de forma proporcional á duración do contrato e á dedicación, cun límite de 9 €/hora efectivamente traballada

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 9 de febreiro de 2024.

  • Facebook
  • Twitter