- O 1 de marzo continúa o ciclo de Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, cunha sesión dedicada ao cultivo das oliveiras en Galicia.
- Será en Santiago e a inscrición é gratuíta.
- Para inscribirse é necesario completar este formulario.

O 1 de marzo terá lugar unha xornada dedicada ao cultivo de oliveiras en Galicia, de 09:30 a 14:30 horas en Santiago de Compostela (Hotel OCA Puerta del Camino, rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n).
Ademais de acoller unha presentación de Oligalicia, Grupo Operativo del Olivar en Galicia, a xornada abordará a recuperación de variedades de oliveira en España e mostrará as experiencia de especialistas e profesinais do sector, entre quen se contan entidades investigadoras coma o Centro Tecnolóxico da Carne e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, produtores como a cooperativa Proligal, ou as empresas aceiteiras Ouro de Quiroga, CentoXCento e Aceites Abril.
O programa previsto está dispoñible en formato PDF aquí.
Programa
09:30 – Recepción, rexistro e entrega de documentación a participantes. Presentación dos obxectivos da Xornada.
Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA
10:00 – Habilidades emprendedoras nas oliveiras en Galicia.
– César Iglesias. Director da Fundación INFIAR.
– Patricia Reboredo. Profesora da Universidade de Vigo.
Presenta: Xoán Couto. PROLIGAL, S.Coop.Galega
11:00 – Presentación do Grupo Operativo das Oliveiras en Galicia, OLIGALICIA.
Lucio García. Xefe Investigación do Centro Tecnolóxico da Carne.
11:20 – Recuperación e estudo das variedades de oliveiras en España.
– Angjelina Belaj. Investigadora IFAPA-Córdoba.
Presenta e modera: Higinio Mougán.
11:50 – Descanso para café.
12:15 – Experiencias produtivas de olivas.
– Armindo Lopes. Olivicultores Izeda-Portugal.
– Alfonso Rodríguez Udías. Presidente da Asociación de Productores de Aceite y Aceituna de Galicia.
– José M. González. PROLIGAL, S.Coop.Galega.
– Manuel Riveiro. Investigador Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo – Salceda.
Modera: Xoán Couto. PROLIGAL, S. Coop. Galega.
13:15 – Experiencias produtivas e transformadoras de olivas en Galicia.
– Alberto Fernández. Produción de Aceites ABRIL.
– Julio Quiroga. CEO de OURO de QUIROGA.
– Miguel Rodríguez. CEO de CENTOXCENTO.
Modera: José M. González. PROLIGAL, S. Coop. Galega
14:00 – Clausura da xornada.
– Xoán Couto. PROLIGAL, S. Coop. Galega.
– Carmen Rodríguez. Presidenta de AGACA.
– José L. Cabarcos. Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, AGACAL.
14:30 – Fin da xornada.
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
Os obxectivos deste ciclo, que sumará en total 12 xornadas formativas, é explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.
As xornadas, de libre acceso previa inscrición, son de especial interese para persoas socias das cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vinculadas coa economía social.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola SecretaríaXeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()



