- O 23 de maio continúa o ciclo de Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, cunha sesión dedicada á produción de kiwi.
- Terá lugar online e a inscrición é gratuíta.
- Para inscribirse é necesario completar este formulario.
O 23 de abril terá lugar una jornada online dedicada a la producción de kiwi, de 09:30 a 14:30 horas. Es la novena de estas jornadas dedicadas a dar a conocer sectores que pueden suponer una oportunidad de negocio en el medio rural.
Contaremos con ponencias en cultivo y comercialización de esta fruta.
Programa previsto
09:30 – Conexión e benvida a participantes. Presentación dos obxectivos da xornada.
Higinio Mougán. Director-gerente de AGACA.
09:40 – Introdución á produción de kiwi como oportunidade de negocio en Galicia.
Demetrio Bedriñana. Técnico de AGACA.
10:00 – Aspectos técnico-agronómicos para o cultivo e comercialización de kiwi.
José Piñeiro. Kiwi Atlántico.
12:00 – Breve descanso.
12:20 – Experiencia 01: Tecnoloxía de rega no cultivo de kiwi.
Martín Fernández. Kiwi Atlántico.
13:20 – Experiecia 02: Modelo cooperativo na produción e comercialización de kiwi .
Aitor de las Heras. Garaia S. Coop, País Vasco.
14:00 – Atención a preguntas, suxestións, aclaracións e comentarios.
Participantes, ponentes y equipo organizador (AGACA).
14:15 – Conclusións, comentarios finais e clausura da xornada.
Higinio Mougán. AGACA.
14:30 – Fin da Xornada.
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
Os obxectivos do ciclo, que suma 12 xornadas en total, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.
As xornadas, de libre acceso previa inscrición, son de especial interese para persoas socias de cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vinculadas coa economía social.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()



