As cooperativas, máis aló da súa labor comercial e de servizos, son unha entidade social. En Galicia, un de cada 9 fogares ten un familiar nunha cooperativa, o que representa que os seus produtos posúen algo que ningunha outra industria pode ofrecer: o valor engadido de saber que, con cada compra, o consumidor contribúe ao desenvolvemento económico e social do seu contorno máis próximo.
En AGACA, queremos pór de relevo esa cualidade única dos produtos cooperativos que, xunto coa súa calidade, son fortes compoñentes de diferenciación coa competencia.

A actividade comercial e o impulso á mercadotecnia dos produtos agroalimentarios resulta hoxe vital de cara á consolidación da cota de mercado nacional e á apertura e consolidación no mercado exterior. Para conseguir un posicionamento estable no mercado é imprescindible que as cooperativas invistan en plans de mellora e innovación das súas estratexias comerciais, xa sexa establecendo unha rede comercial forte valéndose das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), xa sexa a través da actualización da súa loxística comercial.
Neste senso, AGACA quere ser o punto de encontro para impulsar actividades de promoción conxunta que aumenten a rendibilidade e reduzan o rico de investimento á hora de emprender este tipo de actualizacións estratéxicas para a actividade comercial das cooperativas.
[row][double_paragraph]
[list]
INTERNACIONALIZACIÓN
[/list][list style=”text-align: justify;”][item icon=”🌎” ]Dinamización de redes de contactos[/item][item icon=”🌎” ]Participación en feiras comerciais[/item][item icon=”🌎” ]Misións comerciais inversas[/item][item icon=”🌎” ]Planificación estratéxica[/item][/list]
[/double_paragraph][double_paragraph]
[list]
COMERCIALIZACIÓN
[/list][list][item icon=”💳” ]Asesoramento e estratexias de comercialización das cooperativas agroalimentarias[/item][item icon=”💳” ]Participación en proxectos de I+D+i e TIC[/item][item icon=”💳” ]Colaboración con organismos públicos, difusión de información, convocatorias, tendencias de consumo e prezos e informes de mercados exteriores[/item][/list][/double_paragraph] [/row]
AGROSMARTglobal
En outubro de 2019 comezou o proxecto AGROSMARTglobal destinado a establecer relaciñons empresariais con en China e Estados Unidos. Participan cooperativas de España, Francia e Portugal. As dez rexións do espazo europeo SUDOE que abarca o proxecto son: en España: Galicia, Castela-A Mancha, País Vasco e A Rioxa; en Francia: Nova Aquitania e, en Portugal: Norte, Algarve, Centro, Lisboa e Alentejo.
As principais actividades de AGROSMARTglobal virarán en torno tres vertentes:
-Por unha banda potenciarase a capacidade de diferenciación dos produtos das cooperativas agroalimentarias e tratarase de definir medidas para protexer e promover as Indicacións Xeográficas Protexidas (IGP) e as Denominacións de Orixe (DOP) nos mercados dixitais.
– Doutra banda, crearanse servizos de apoio á internacionalización dixital, a través dunha plataforma online onde acceder a ferramentas TIC e servizos de consultoría. Tamén traballará coas cooperativas para introducir e posicionar os seus produtos en plataformas de comercio dixital B2B e desenvolver misións comerciais a China e Estados Unidos onde establecer lazos empresariais.
– Finalmente, deseñarase un programa formativo multidisciplinar e unha rede de networking e intercooperación entre as cooperativas participantes no proxecto, así como con entidades dos mercados de destino.
AGROSMARTglobal é un proxecto europeo cofinanciado polo Programa InterregSudoe 2014-2020 dentro do eixe prioritario de fomentar a competitividade e a internacionalización das pemes del Sudoeste europeo. Conta cun presuposto total de 1.598.000,00 € e está cofinanciado, nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Máis información premendo aquí





Deixa unha resposta