- Leva por título “Iniciativas de investigación colaborativa para a produción de leite e carne de vacún en Galicia”.
- Terá lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) en Abegondo (A Coruña). O aforo está case completo, con 130 persoas inscritas.

A cita comeza o venres ás 10:30, con asistencia de Ángeles Vázquez Mejuto , conselleira do Medio rural, Belén do Campo Piñeiro , directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Manuel López Luaces, director do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, José Antonio Santiso Miramontes , alcalde de Abegondo, así como Eloi Villada Legaspi, presidente da SGPF.
Os relatorios tratarán sobre produción láctea en Galicia (a cargo de Roberto Lorenzana, director – xerente do LIGAL) e sobre sistemas de alimentación e composición diferencial do leite en ecolóxico (por César Resch, investigador no CIAM), sobre cultivos forraxeiros (por Gonzalo Flores (xefe do departamento de Pastos e Cultivos do CIAM) e sobre mitigación de emisións de gases de efecto invernadiro relacionados coa fertilización (que exporá Dolores Báez,investigadora do CIAM).
Haberá tamén una mesa redonda e presentaranse e debateranse varios sistemas de produción de ganderías, de leite, ademais dunha visita aos campos de ensaio do CIAM.
O segundo día , haberá relatorios sobre sistemas de produción de carne en monte (por Francisco Sineiro, investigador e profesor da Universidade de Santiago e por Santiago Crecente, investigador no CIAM), ademais de visitas.




