• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

DairyLac intensifica a súa aposta por ofrecer valor engadido ao sector lácteo galego cos seus novos queixos Tres Viajeros

29 de Setembro de 2017
in Novidades
DairyLac intensifica a súa aposta por ofrecer valor engadido ao sector lácteo galego cos seus novos queixos Tres Viajeros
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Os novos produtos da empresa, amparados pola D.O.P Queixo de Tetilla e pola D.O.P Arzúa-Ulloa, foron presentados onte en Compostela.

DairyLac, compañía con sede en Melide, intensifica a súa aposta por ofrecer valor engadido ao sector lácteo galego con dúas novas referencias de produto. Trátase dos queixos Tres Viajeros, que foron presentados na tarde de onte no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela nun acto presidido pola directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta, Belén do Campo, e ao que acudiron diversas personalidades do sector lácteo, outros sectores afíns, clientes, traballadores e amigos.

Os queixos Tres Viajeros, amparados baixo o selo de calidade da D.O.P. Queixo de Teto e da D.O.P. Arzúa-Ulloa súmanse, pois, ás diversas gamas de produto xa ofertadas pola compañía nas canles horeca e retail tales como manteiga, nata, queixo crema ou leite fresca pasteurizada.

Os queixos Tres Viajeros, amparados baixo o selo de calidade da D.O.P. Queixo de Tetilla e da D.O.P. Arzúa-Ulloa súmanse, pois, ás diversas gamas de produto xa ofertadas pola compañía nas canles horeca e retail tales como manteiga, nata, queixo crema ou leite fresca pasteurizada.

Chegar a toda España

O presidente de DairyLac, Jaume Llopis, destacou durante a súa intervención no acto que a compañía pretende levar os novos queixos Tres Viajeros a todas as partes de España e aos países limítrofes. Ao mesmo tempo, destacou o interese da empresa por seguir crecendo e lanzando ao mercado novas gamas de produto. Neste sentido, referiuse en concreto á aposta que a compañía vai realizar dentro do ámbito da alimentación infantil.

Pola súa banda, o director xeral da empresa, Iago Quintana, destacou que as gamas de queixos Tres Viajeros englóbanse nun proxecto amplo e ambicioso, como é DairyLac, que pretende “transformar, estabilizar e valorizar o sector lácteo Galego”. Xunto aos membros do cadro directivo de DairyLac, no acto participaron ademais a directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta, Belén do Campo, e o responsable do IGAPE, Juan Cividanes.

Sobre os queixos

A marca, ideada na súa orixe polo prestixioso publicista e experto en naming, Ildefonso Garcia Serena, está ligada ao Camiño de Santiago e evoca unha historia ficticia acontecida na Ruta Xacobea, con Tres Viajeros como protagonistas (www.tresviajeros/historia).

As diferentes rutas peregrinas, favorecen o desenvolvemento de gama e variedades para Tres Viajeos. Deste xeito, xorden dúas variedades de queixos de alta calidade elaborados a partir de leite seleccionado procedente das granxas que nutren a DairyLac.

DairyLac: un proxecto afianzado

DairyLac é unha compañía 100% galega, con sede en Melide, liderada principalmente por diversas cooperativas —ICOS, Aira, Agris e Codeira— e a Xunta de Galicia, que teñen como obxectivo transformar e ofrecer valor engadido ao sector lácteo autóctono. Xunto a isto, a fusión de ICOS, Aira e Agris nunha cooperativa de primeiro grao, que se fará efectiva en xaneiro de 2018, reforza a confianza no proxecto por parte dos socios.

Este proxecto empresarial, promovido por gandeiros e para gandeiros, signifícase ademais pola súa gran flexibilidade na produción, o que lle permite non só producir coa súa marca para o sector industrial ou para o consumidor final, senón desenvolver produtos customizados para outras compañías.

Desde a súa creación, a empresa xerou un importe de negocio de máis de 20 millóns de euros ao valorizar e transformar máis de 60 millóns de litros de leite. Ademais, a empresa, segundo destacou o seu director xeral no acto de hoxe, está a traballar en novos lanzamentos ao mercado.

29/09/2017

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}