- AGACA lidera o Proxecto, no que participan entidades do ámbito agroalimentario de Euskadi, Castela-A Mancha, Estremadura e Galicia xunto a outras de Francia e Portugal que traballan promovendo a eco-innovación, a comercialización intelixente e as alianzas estratéxicas para incrementar a súa competitividade.

Durante a mañá de hoxe e a tarde de onte martes, preto dunha vintena de responsables das organizacións e países integrantes do Proxecto AGROSMARTcoop de Interreg SUDOE desenvolveron en Vitoria-Gasteiz (Áraba), a cuarta reunión transnacional do grupo de traballo.
As anteriores tiveron lugar en Alcázar de San Juan, Santiago de Compostela -líderes do proxecto- e en Vila Real (Portugal).
Durante dous anos, ata o 30 de xuño de 2018, oito entidades beneficiarias de seis rexións europeas dedicarán esforzos a precisar sinerxias e potencialidades, detectando alianzas e definindo proxectos estratéxicos eco-innovadores; novas alternativas de comercialización intelixente, servíndose de estruturas, ferramentas e servizos avanzados de apoio.
Entre as dúas xornadas de traballo expuxéronse os compromisos recolleitos na reunión anterior, revisouse o plan de traballo e analizouse a capacidade de adaptación das cooperativas do espazo SUDOE ao mercado actual, o seu posible crecemento empresarial e, en conxunto, avaliáronse os avances xa realizados así como as actividades pendentes e a súa posterior planificación.
Presentouse o traballo levado a cabo na creación dun marco favorable para a eco-innovación, comercialización e inter-cooperación, que favoreza a transferencia de coñecementos científicos-tecnolóxicos e o intercambio de boas prácticas, así como a posta a disposición de cooperativas e stakeholders de informacións crave, ferramentas e servizos de apoio para a eco-innovación e comercialización.
AGROSMARTcoop introduce un novo concepto: a comercialización intelixente, de modo que as cooperativas aproveiten as súas frontes de potencial (como a calidade endóxena dos seus produtos), e alíñeno coa innovación sustentable, a tecnoloxía e a ciencia.
Para alcanzalo, a intercooperación é un recurso crave, que facilita o investimento na implementación de novas técnicas e tecnoloxías de innovación sustentable e márketing.
Consorcio
O consorcio internacional está conformado por Federación de Cooperativas Agro• Alimentarias de Euskadi, FCAE; Cooperativas Agro-alimentarias Castilla-La Mancha, CACLM; Centro de Investigaciones Científicas y Tecnológicas de Extremadura, CICYTEX- Junta de Extremadura; Association des Régions Européennes des Produits d’Origine, AREPO (Francia); Coop de France Aquitaine, CDF (Francia); União Cooperativa Polivalente da Região Norte, UniNorte (Portugal); Universidad de Trás-os- Montes e Alto Douro, UTAD (Portugal) e AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias), encargada de liderar el proyecto.
O proxecto AGROSMARTcoop está cofinanciado nun 75% pola UE e FEDER, con cargo ao Programa de Cooperación Interreg V-B Europa Suroccidental (Interreg Sudoe 2014 – 2020), ten como obxectivo crear un espazo para a integración, competitividade e crecemento económico intelixente das cooperativas agroalimentarias do espazo rural SUDOE, e dispón dun orzamento total de 1.295.000,00 euros (axuda FEDER: 971.250,00 euros)




