- Martín Códax acolleu esta mañá a xornada “Coidar, coidarte”, dirixida tanto a persoas maiores, para aprender a envellecer de xeito saudable, como a coidadores e coidadoras, para mellorar a súa calidade de vida e a de quen teñan a cargo. Participou unha trintena de cooperativistas.
- Obra Social “la Caixa” e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) desenvolven a iniciativa.

Unha trintena de persoas socias da adega cooperativa Martín Códax (Cambados) asistiu esta mañá a unha xornada da iniciativa “Coidar, coidarte”.
A xornada comezou con dúas charlas. Ruth Rodríguez, técnica de AGACA, incidiu en como as cooperativas poden contribuir á mellora do benestar das persoas maiores do medio rural. Por outra banda, Marisol Suárez e Silvia Fondo, profesionais en atención a persoas maiores e con dependencia, explicaron como mitigar, no posible, o deterioro asociado a cumprir anos, aconsellando entre outras cousas tratar de manter ou expandir as relacións sociais, tipos de vestimenta máis cómodas e exercicios.
Finalmente, procedeuse a mostrar de xeito práctico, técnicas para mover e desprazar con comodidade a persoas con mobilidade reducida.
Compromiso social
Unha característica de Galicia é a avanzada idade da súa poboación: segundo datos recompilados por AGACA, aproximadamente un 45% de cooperativistas ten entre 40 e 45 anos e o 30% supera os 55 anos. Ante esta realidade, Obra Social “la Caixa” e AGACA impulsan “Coidar, coidarte” como modo de dirixirse tanto ás necesidades dese tramo de poboación como ás das persoas que teñen a alguén de avanzada idade ao seu cargo.




