- Unha trintena de persoas socias da cooperativa Cobideza asistiu á xornada “Coidar, coidarte”, dirixida tanto a persoas maiores, para aprender a envellecer de xeito saudable, como a coidadores e coidadoras, para mellorar a súa calidade de vida e a de quen teñan a cargo.
- Obra Social “la Caixa” e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) desenvolven a iniciativa.
- O luns, día 20, persoas socias da adega cooperativa Martín Códax participarán nunha xornada “Coidar, coidarte”.
Unha trintena de persoas socias da cooperativa Cobideza, no municipio de Lalín e dedicada principalmente ao sector lácteo, participou esta mañá na iniciativa “Coidar, coidarte”. A primeira parte da mañá constou dunha charla sobre o papel das cooperativas na mellora do benestar das persoas maiores do medio rural a cargo de Ruth Rodríguez, axente de Igualdade de Xénero en AGACA.
A continuación, Marisol Suárez e Silvia Fondo, profesionais en atención a persoas maiores e con dependencia explicaron diferentes modos de mitigar a deterioración asociada ao envellecemento, a nivel físico, psicolóxico e social, para que tanto as persoas maiores como as que estean encargadas da súa atención gocen dun maior benestar no seu día a día.
Ademais, demostraron, con axuda do público, técnicas para a correcta mobilización e coidado no fogar de persoas maiores ou con dependencia.
José Manuel Hermida e Manuel Miguélez,, vicepresidente e secretario de Cobideza, e María Luisa Trastoy e Óscar Camba, respectivamente directora da oficina de Silleda de CaixaBank e xestor de negocios da oficina de Lalín de CaixaBank, ademais do tenente de alcalde de do municipio, Nicolás García, asistiron á xornada.
Compromiso social
Unha característica de Galicia é a avanzada idade da súa poboación: segundo datos recompilados por AGACA, aproximadamente un 45% de cooperativistas ten entre 40 e 45 anos e o 30% supera os 55 anos. Ante esta realidade, Obra Social “la Caixa” e AGACA impulsan “Coidar, coidarte” como modo de dirixirse tanto ás necesidades dese tramo de poboación como ás das persoas que teñen a alguén de avanzada idade ao seu cargo.




